Categorías
Sin categoría Xestión Administrativa Xestión Admtva

alumno beatbox

POLO MENOS UN TALENTO

Sempre escoitamos que todas e todos temos, polo menos, un talento. Neste caso queríamos facervos partícipes dos talentos dun dos nosos alumnos, David, que é unha eminencia no mundo do Beatbox, e que gañou a derradeira competición desta disciplina, ata agora prácticamente descoñecida para a maioría do profesorado do Colexio Mendiño.

Deixámosvos aquí o vídeo que demostra o seu talento.

Parabéns, Dava!

Categorías
Actividades Comerciais Emprego Novas

premio cooperativismo

PREMIO AO COOPERATIVISMO NO ENSINO

O Colexio Mendiño recebiu onte comunicación do premio do cooperativismo no ensino da Xunta de Galicia co proxecto de emprendemento “Sail2day”, un marketplace  de maquinaria e equipamento de buques reacondicionados e repostos de segunda man dirixido ao sector naval feito e presentado por tres dos noso alumnos.

O xulgado tivo en conta que fora un proxecto cooperativo que aposta pola revalorización de residuos, sostenibidade, dixitalización do sector e xeración de emprego.

O equipo de alumnado promotor, de 2º curso do CM de Actividades Comercias xa fora informado e, neste video, podedes atopar a explicación do proxecto e de cómo o alumnado centrouse nos seus lazos co mundo do mar e a súa conciecia medioambental.

Categorías
Novas Sin categoría

Hai que celebrar

HAI QUE CELEBRAR

Este ano, 2023, cúmprense 40 anos do nacemento do Colexio Mendiño a través da fundación dunha cooperativa. Este fito, chegar á madurez para un centro de ensino concertado, con vontade de ensino de calidade, e en galego, paga a pena ser celebrado, e por iso queremos celebralo con todas e todos.

Gustaríanos saber canta xente vai vir, e necesitamos a vosa colaboración para distribuir o formulario pola xente que viu ao colexio coa que aínda tedes contacto, e poder facer unha previsión.

A convocatoria final lanzarémola máis adiante, pero a celebración será o vindeiro sábado 20 de maio, en horario de tarde/noite, nalgún lugar do casco vello.

Aquí tedes o formulario para encher.

Grazas e vémonos nun mes!

Categorías
Emprego Sin categoría

Oferta emprego Serge

OFERTA DE EMPREGO TCAE

Bos días querido alumnado de Técnico en Auxiliar de Enfermaría. Queríamos comentarvos que dende a residencia Serge, en Bembrive, nos din que teñen unha oferta de emprego para vos, por si alguén está interesado.

Tedes que enviar o cv ao correo rrhh_bembrive@serge.es

Categorías
Sin categoría

Visita a Xaruma

OBRADOIRO EN XARUMA

Como cada ano antes da pandemia, o noso alumnado de TCAE foi á Asociación Xaruma a facer un obradoiro de Primeiros Auxilios e poñer en práctica os coñecementos adquiridos ao longo do curso xusto antes dos exames finais.

Coma sempre, agradecer a Xaruma a súa disposición para con noso alumnado. Foi un éxito e repetiremos seguro!

Aquí vos deixamos unhas fotografías e tamén o enlace a súa páxina web.

Categorías
Sin categoría

Visita ECOVAL

OUtro contenedor, que marrón!

Con motivo do día Internacional da reciclaxe, que en Galiza coincide co día das Letras Galegas, e célebrase o día 17 de maio, no colexio tivemos a sorte de recibir a visita do proxecto Ecoval coa súa campaña de sensibilización para a implementación dun novo contenedor que vai ser obrigatorio, por directiva europea, a partir de 2024. O contenedor marrón.

Ángela, Carlos e Lucía viñeron a falar dos proxectos europeos e de a necesidade de levalo a cabo e colaborar co outros países cercanos, neste caso con Portugal e Francia que neste caso teñen distintas entidades que perseguen un obxectivo común, e que o da nosa charla céntrabase no eixo do impulso á investigación e innovación para fomentar a loita contra o cambio climático no marco dunha economía que potencie as emisións baixas en carbono.

Aprendimos, dunha banda as cousas que teñen que ir no contenedor marrón, que o primeiro ten que ser reduir o consumo e canto gastamos en toda a comida que tiramos ao lixo.

Doutra banda lembramos a importancia dos fangos pola cantidade de cousas que podemos facer con eles e que cousas non debemos tirar polo WC para non atascar os condutos polos custos e problemas que conleva.

Categorías
TCAE

Andaina a Samil

ANDAINA A SAMIL

Con motivo da celebración da segunda semana saudable que ven sendo xa unha tradición no Colexio Mendiño cada ano, e que levamos dous anos sen facer pero retomamos neste curso con moito agarimo e ilusión, a proposta de andaina ata a praia de Samil resultou un éxito.
O alumnado chegou puntual e fixo o camiño de ida e de volta con bo paso. Unha vez alí gozaron dunha rica froita, xogos de pelota e algúns deles ata quixeron darse o primeiro baño do ano, valentes eles!

Pouco nos queda xa deste curso, esta derradeira avaliación na que as propostas seguirán xurdindo, iremos contandovos máis.