FPB SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
Que título se obtén? Profesional básico en Servizos Administrativos.
Que se aprende a facer? Realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa? En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.
Que ocupacións se desempeñan? Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia; gravador/ora-verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio e operador/ora de cobramento ou caixeiro/a.


80%
do noso alumnado aproba a Formación Básica.

250
pulsacións por minuto ao rematar.

65%
continúa estudando cando remata a FPB.

320
horas de formación en centros de traballo.
Módulos Profesionais do Ciclo
CÓDIGO | MÓDULOS 1º CURSO | HORAS |
MP3004 | Arquivamento e comunicación | 146 |
MP3009 | Ciencias aplicadas I | 175 |
MP3011 | Comunicación e sociedade I | 206 |
MP3003 | Técnicas administrativas básicas | 179 |
MP3001 | Tratamento informático de datos | 204 |
CÓDIGO | MÓDULOS 2º CURSO | HORAS |
MP3002 | Aplicacións básicas de ofimática | 240 |
MP3005 | Atención á clientela | 58 |
MP3010 | Ciencias aplicadas II | 162 |
MP3012 | Comunicación e sociedade II | 135 |
MP3008 | Preparación pedidos e venda produtos | 113 |
MP3006 | Formación en Centros de Traballo | 320 |