CM COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA
Que título se obtén? Técnica/o en Coidados Auxiliares de Enfermaría.
Que se aprende a facer? Proporcionar coidados auxiliares ao paciente/cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de Enfermaría ou, no seu caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.
En que ámbitos se traballa? Organización e xestión da unidade ou consulta, prestación de servizo e educación sanitaria.
Que ocupacións se desempeñan? Auxiliar de enfermaría/clínica, de balnearios, de atención primaria e coidados de enfermaría a domicilio; Auxiliar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.


90%
do noso alumnado aproba o ciclo.

300
horas de actividades prácticas na aula.

65%
do noso alumnado atopa traballo cando remata a FCT.

440
horas de formación en centros de traballo.
Módulos Profesionais do Ciclo
CÓDIGO | MÓDULOS 1º CURSO | HORAS |
CM0FOL | Formación e orientación laboral | 55 |
CM0304 | Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material | 160 |
CMHC55 | Horas á disposición do centro | 55 |
CM0305 | Operacións administrativas e documentación sanitaria | 55 |
CM0308 | Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente na actividade comercial | 130 |
CM0RET | Relacións no equipo de traballo | 55 |
CM0310 | Técnicas básicas de enfermaría | 320 |
CM0311 | Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica | 130 |
CÓDIGO | MÓDULOS 2º CURSO | HORAS |
CM0302 | Formación en centros de traballo | 440 |