Categorías
Sin categoría Xestión Administrativa Xestión Admtva

alumno beatbox

POLO MENOS UN TALENTO

Sempre escoitamos que todas e todos temos, polo menos, un talento. Neste caso queríamos facervos partícipes dos talentos dun dos nosos alumnos, David, que é unha eminencia no mundo do Beatbox, e que gañou a derradeira competición desta disciplina, ata agora prácticamente descoñecida para a maioría do profesorado do Colexio Mendiño.

Deixámosvos aquí o vídeo que demostra o seu talento.

Parabéns, Dava!

Categorías
Novas Sin categoría

Hai que celebrar

HAI QUE CELEBRAR

Este ano, 2023, cúmprense 40 anos do nacemento do Colexio Mendiño a través da fundación dunha cooperativa. Este fito, chegar á madurez para un centro de ensino concertado, con vontade de ensino de calidade, e en galego, paga a pena ser celebrado, e por iso queremos celebralo con todas e todos.

Gustaríanos saber canta xente vai vir, e necesitamos a vosa colaboración para distribuir o formulario pola xente que viu ao colexio coa que aínda tedes contacto, e poder facer unha previsión.

A convocatoria final lanzarémola máis adiante, pero a celebración será o vindeiro sábado 20 de maio, en horario de tarde/noite, nalgún lugar do casco vello.

Aquí tedes o formulario para encher.

Grazas e vémonos nun mes!

Categorías
Sin categoría

Volta as aulas

Esperámosvos!!

Ao noso alumnado que comeza o curso 2022/2023 este mes de setembro, queremos lembrarlle puntualidade o xoves, 8 de setembro.

A presentación de todalas aulas vai ser as 11:00 da mañá.

Categorías
Novas Sin categoría

Confirmación solicitudes 22/23

CONFIRMACIÓN DE SOLICITUDES 22/23

Estás esperando saber se podes facer a túa matrícula para o curso 2022/2023? Lembra que primeiro deberás confirmar que fixeches ben a solicitude.

Para isto é necesario entrar aquí e solicitar o código único para poder entrar na páxina da Xunta, que é esta de aquí, e deste xeito saber si a túa solicitude está ben feita e pasarás a ter asignado un centro onde estudar o curso que ven, ou a solicitude está pendente, o que significa que terás que reclamar.

Tes ata o día 12 de xullo para miralo e non ter sorpresas despois. Non o deixes pasar!

Categorías
Sin categoría

Horario Xullo

HORARIO XULLO