CADRO DE PERSOAL
Poñemos á túa disposición aos mellores profesionais para que te axuden no desenvolvemento das túas aptitudes no teu futuro laboral, ofrecéndoche proximidade e contacto directo, ademais dunha atención personalizada e un traballo continuo de motivación.

Director
Todo nervio e enerxía. Feiticeiro da motivación.

Xefa de Estudos
Con ela será obrigatorio que saques a mellor versión de ti mesmo.

Secretaria
Sempre en movemento, é a nosa experta na ciencia da aprendizaxe.

Orientadora
Mediadora de conflitos e aspirante a “solucionadora de problemas”.

Profesor
Sempre en continua aprendizaxe.

Profesora
Con ela o financiamento está sempre asegurado.

Profesora
Avogada bregada na rúa, sementadora de xustiza social.

Profesor
Versión 61.2 en constante actualización.

Profesora
A ilusionista, a reparadora de soños.

Profesora
Farache bailar polo mundo da empresa con espírito emprendedor.

Profesora
A nosa galega de mentira que che fará vivir un mundo virtual.

Profesora
Raíña da man esquerda, ela inventou a paciencia.

Xerente secretaría
Porei todo da miña banda para que sexa máis sinxelo formar parte de nós.

Profesora
Na saúde e na enfermidade, o meu cometido é ensinar.

Profesora
A profe mais noviña guiarache polo curso cun sorriso.

Profesora
Procurando demostrar que a ciencia non sempre é aburrida.