Categorías
Emprego Novas TCAE

emprego dental

OFERTA DE EMPREGO PARA CLÍNICA DENTAL

Que o noso alumnado de TCAE atopa traballo cedo unha vez remata as prácticas, é un feito. Pero ademáis, temos tan boa preparación que as empresas socias nos piden xente para cubrir as súas baixas.

Aquí temos outra oferta de emprego, esta para cubrir unha baixa de maternidade, dende outubro e ata xuño a xornada completa.

Interesadas/os enviade o cv a: clinica@dentalpaulachapela.com

Categorías
Emprego TCAE

oferta emprego domus

ACTUALIZAMOS A OFERTA DE EMPREGO PARA DOMUS

Xa publicamos unha oferta de emprego para axuda a domicilio, pero actualizamos a información que nos chegou: Oferta de emprego de Auxiliar para axuda a domicilio para Domus, residencias de maiores. A tarefa principal é axudar no benestar das persoas usuarias.

A necesidade actual é a de cubrir o seguinte:

  • Posto a cubrir: Auxiliar de axuda a domicilio.
  • Contrato por seis meses as fines de semana, con ampliación posterior ata chegar ao indefinido.
  • Inicialmente o posto comeza con 20h, con posibilidade de dar servizo durante a semana para aumentar a xornada, sempre que haxa disponibilidade.
  • Os requisitos para acceder ao posto son ter a formación necesaria de TCAE e ter un vehículo para poder traballar con el.

Se cres que podes ser ti, ou coñeces alguén interesado nesta oferta, envíalle a oferta de emprego e que faga chegar o seu currículum co asunto ‘Proceso de selección axuda a domicilio’ á dirección de correo electrónico coordinacion2.sadvigo@domusvi.es ou ao teléfono 696 763 366.

Categorías
Emprego TCAE

oferta emprego Domus

EMPREGO TCAE PARA DOMUS

Queridas e queridos lectores, aquí publicamos unha oferta de emprego de Auxiliar para axuda a domicilio para Domus, residencias de maiores.

A necesidade actual é a de cubrir o seguinte:

  • Posto a cubrir: Auxiliar de axuda a domicilio.
  • Contrato por seis meses as fines de semana, con ampliación posterior ata chegar ao indefinido.
  • Inicialmente o posto comeza con 20h, con posibilidade de dar servizo durante a semana para aumentar a xornada, sempre que haxa disponibilidade.
  • Os requisitos para acceder ao posto son ter a formación necesaria de TCAE e ter un vehículo para poder traballar con el.

Se cres que podes ser ti, ou coñeces alguén interesado nesta oferta, envíalle a oferta de emprego e que faga chegar o seu currículum co asunto ‘Proceso de selección axuda a domicilio’ á dirección de correo electrónico coordinacion2.sadvigo@domusvi.es.

Categorías
TCAE

Andaina a Samil

ANDAINA A SAMIL

Con motivo da celebración da segunda semana saudable que ven sendo xa unha tradición no Colexio Mendiño cada ano, e que levamos dous anos sen facer pero retomamos neste curso con moito agarimo e ilusión, a proposta de andaina ata a praia de Samil resultou un éxito.
O alumnado chegou puntual e fixo o camiño de ida e de volta con bo paso. Unha vez alí gozaron dunha rica froita, xogos de pelota e algúns deles ata quixeron darse o primeiro baño do ano, valentes eles!

Pouco nos queda xa deste curso, esta derradeira avaliación na que as propostas seguirán xurdindo, iremos contandovos máis.