Preparamos profesionais
para o mundo laboral
Non esperes máis
e matricúlate connosco!
Unha cooperativa
de docentes involucrados
na formación

Ser parte do Colexio Mendiño é atopar unha familia implicada na labor educativa.

Somos un centro que oferta un ensino solidario baseado na filosofía cooperativista. Fomentamos, dentro deste marco ideolóxico, o desenvolvemento profesional e a creación de empresas autoxestionadas nas que a organización cooperativa sea unha saída ao mercado laboral, xa que isto forma parta da nosa organización como profesionais da educación.

Por que elixirnos?

Son o tamaño do centro e as características do noso alumnado, as que determinan cada curso as nosas peculiaridades.

Temos mais de 40 anos de experiencia na Formación Profesional, avalado polo alumnado e o seu desenvolvemento profesional, clave no tecido industrial e de servizos de Vigo e a súa contorna.
Contamos cun Departamento de Orientación, imprescindible para afrontar os retos da educación profesional hoxe.
Unha cartera de empresas onde o noso alumnado cursa os periodos de Formación en Centros de Traballo, cunha taxa de permanencia de mais do 60%, nos dan unha posición preferente na sinatura de convenios.
Preparamos persoas libres, responsables e profesionais fomentando a integración, a igualdade, a proximidade e compromiso co alumnado.

Os nosos ciclos formativos

Técnico en Actividades Comerciais

Se queres traballar en venda en liña, como teleoperador/a, etc., esta é a túa titulación.

Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría

Se queres traballar en atención primaria ou atención especializada, esta é a túa titulación.

Técnico en Xestión Administrativa

Se queres traballar como auxiliar administrativo, en atención ao cliente, etc., esta é a túa titulación.

Título Profesional Básico en Servizos Administrativos

Se queres traballar como auxiliar de oficina, de arquivo ou de vendas, etc., esta é a túa titulación.

Técnico en Actividades Comerciais

Ciclo formativo (2.000 h)
Se queres traballar en venda en liña, como teleoperador/a, etc., esta é a túa titulación.
Requisitos de acceso
Debes cumprir algún dos seguintes requisitos:

> Ter algún dos seguintes títulos:

- Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
- Título Profesional Básico (Formación Profesional de Grao Básico).
- Título de Técnico/a ou de Técnico/a Auxiliar ou equivalente para efectos académicos.

> Ter superado:

- 2º curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio (requirirase ter, cando menos, dezasete anos cumpridos no ano de realización da proba).
- Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos (a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 40 e 45 anos non é un requisito válido para acceder á FP).
- Unha oferta formativa de Grao C incluída no ciclo formativo.
Saidas profesionais
Traballar como:

- Vendedor / vendedora.
- Representante comercial.
- Promotor / promotora.
- Televendedor / televendedora.
- Venda a distancia.
- Teleoperador / teleoperadora (Call Center).
- Información/atención ao cliente.
- Caixeira / caixeiro; reponedor / reponedora.
- Operador / operadora de contact-center.
- Administrador / administradora de contidos en liña.
- Comerciante de tenda.
- Xerente de pequeno comercio.
- Técnico / técnica en xestión de stocks e almacén.
- Xefe / xefa de almacén.
- Responsable de recepción de mercadorías.
- Responsable de expedición de mercadorías.
- Técnico / técnica en loxística de almacéns.
- Técnico / técnica de información/atención ao cliente en empresas.

Podes traballar en calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou en distintas seccións de establecementos comerciais, realizando vendas de produtos e/ou servizos a través de diversos canais, ou ben xestionando e organizando o teu propio comercio.
Que vou aprender
- Realizar proxectos de viabilidade e de posta en marcha e exercicio por conta propia da actividade dun pequeno negocio de comercio polo miúdo, adquirindo os recursos necesarios e cumprindo coas obrigas legais e administrativas conforme á normativa vixente.
- Administrar e xestionar un pequeno establecemento comercial, realizando as actividades necesarias con eficacia e rendibilidade, respectando a normativa vixente.
- Realizar a venda de produtos e/ou servizos a través dos distintos canais de comercialización, utilizando as técnicas de venda axeitadas á tipoloxía do cliente e aos criterios establecidos pola empresa.
- Levar a cabo accións de comercio electrónico mantendo a páxina web da empresa e os sistemas de comunicación sociais a través de Internet para cumprir cos obxectivos de comercio electrónico definidos no plan de márketing dixital da empresa.
- Executar as accións de márketing definidas pola organización comercial no plan de márketing, identificando as necesidades de produtos e/ou servizos dos clientes, os factores que interveñen na fixación de prezos, os canais de distribución e as técnicas de comunicación para cumprir cos obxectivos fixados pola dirección comercial.
Plan de formación
Se estudas 1º do ciclo formativo no curso 24-25, vas cursar:

- Márketing na actividade comercial.
- Xestión dun pequeno comercio.
- Técnicas de almacén.
- Xestión de compras.
- Venda técnica.
- Dinamización do punto de venda.
- Procesos de venda.
- Aplicacións informáticas para o comercio.
- Servizos de atención comercial.
- Comercio electrónico.
- 0156. Inglés Profesional (Grao Medio).
- 1709. Itinerario persoal para a empregabilidade I.
- 1710. Itinerario persoal para a empregabilidade II.
- 1664. Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (Grao Medio).
- 1708. Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo.
- 1713. Proxecto intermodular.
- Módulo profesional optativo (competencia de cada Comunidade Autónoma).
- Inclúe unha fase de formación en empresa ou organismo equiparado como parte integrada do currículo do ciclo formativo.

Se estudas 2º do ciclo formativo no curso 24-25 non cambiará o teu plan de formación.

Seguir estudando
Seguir estudando:

- Cursos de especialización profesional
- Outro ciclo de Formación Profesional coa posibilidade de establecer validacións de módulos profesionais de acordo coa normativa vixente
- O Bacharelato en calquera das súas modalidades
Os teus estudos en Europa
Niveis
Esta formación correspóndese con:

- Marco Español de Cualificacións para a Aprendizaxe Permanente (MECU): Nivel 4A
- Clasificación Internacional Normalizada da Educación 2011 (CINE-11): Nivel P-3.5.4

Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría

Ciclo formativo (1.400 h)
Se queres traballar en atención primaria ou atención especializada, esta é a túa titulación.
Requisitos de acceso
Debes cumprir algún dos seguintes requisitos:

> Ter algún dos seguintes títulos:

- Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
- Título Profesional Básico (Formación Profesional de Grao Básico).
- Título de Técnico/a ou Técnico/a Auxiliar ou equivalente para efectos académicos.

> Ter superado:

- 2º curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio (requirirase ter, como mínimo, dezasete anos cumpridos no ano da realización da proba).
- Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos (a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 40 e 45 anos non é un requisito válido para acceder á FP).
- Unha oferta formativa de Grao C incluída no ciclo formativo.
Saidas profesionais
Traballar como:

- Atención primaria e comunitaria: domiciliaria, promoción da saúde, saúde bucodental, consultas e residencias de anciáns.
- Atención especializada: consultas, hospitalización, urxencias, pediatría, unidades especiais (UVI, UCI, etc.), xeratría, etc.
- Centros sanitarios, centros balneoterápicos, departamentos de asuntos sociais dos Ministerios, Comunidades Autónomas e Concellos.

Podes traballar no sector sanitario, tanto en empresas privadas como públicas do sector, ou creando a túa propia empresa.
Que vou aprender
Este profesional será capaz de:

- Preparar os materiais e procesar a información da consulta/unidade nas áreas da súa competencia.
- Aplicar coidados auxiliares de enfermaría ao paciente/cliente.
- Coidar as condicións sanitarias do contorno do paciente e do material/instrumental sanitario utilizado nas distintas consultas/unidades/servizos.
- Colaborar na prestación de coidados psíquicos ao paciente/cliente realizando, ao seu nivel, a aplicación de técnicas de apoio psicolóxico e de educación sanitaria.
- Realizar tarefas de instrumentación en equipos de saúde bucodental.
Plan de formación
No centro educativo, a través dunha formación teórico-práctica. Os contidos agrúpanse nos seguintes módulos profesionais:

- Operacións administrativas e documentación sanitaria.
- Técnicas básicas de enfermaría.
- Hixiene do medio hospitalario e limpeza do material.
- Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente.
- Técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica.
- Relacións no contorno do traballo.
- Formación e Orientación Laboral (F.O.L.).

En empresas, ao rematar a formación no centro educativo, completándoa e realizando actividades propias da profesión:

- Formación en Centros de Traballo (F.C.T.).
Seguir estudando
Traballar en:

Exercer a miña actividade profesional no sector sanitario en empresas privadas ou públicas do sector, ou creando a miña propia empresa.

Seguir estudando:

- Cursos de especialización profesional
- Outro ciclo de Formación Profesional coa posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais segundo a normativa vixente
- O Bacharelato en calquera das súas modalidades
- Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias troncais)

Técnico en Xestión Administrativa

Ciclo formativo (2.000 h)
Se queres traballar como auxiliar administrativo, en atención ao cliente, etc., esta é a túa titulación.
Requisitos de acceso
Debes cumprir algún dos seguintes requisitos:

> Ter algún dos seguintes títulos:

- Título de Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
- Título Profesional Básico (Formación Profesional de Grao Básico).
- Título de Técnico/a ou Técnico/a Auxiliar ou equivalente para efectos académicos.

> Ter superado:

- 2º curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
- Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio (requirirase ter, como mínimo, dezasete anos cumpridos no ano da realización da proba).
- Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos (a superación das probas de acceso á Universidade para maiores de 40 e 45 anos non é un requisito válido para acceder á FP).
- Unha oferta formativa de Grao C incluída no ciclo formativo.
Saídas profesionais
Traballar como:

En empresas tanto públicas como privadas, como:

- Auxiliar administrativo.
- Axudante de oficina.
- Auxiliar administrativo de cobros e pagos.
- Administrativo/a comercial.
- Auxiliar administrativo de xestión de persoal.
- Auxiliar administrativo das administracións públicas.
- Recepcionista.
- Empregado/a de atención ao cliente.
- Empregado/a de tesouraría.
- Empregado/a de medios de pago.

Podes traballar en calquera sector de actividade, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo en tarefas de administración e xestión e atención a clientes e cidadáns.

Que vou aprender
Este profesional será capaz de:

- Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
- Rexistrar contabilmente a documentación soporte correspondente á operativa da empresa en condicións de seguridade e calidade.
- Realizar xestións administrativas de tesouraría, seguindo as normas e protocolos establecidos pola xerencia co fin de manter a liquidez da organización.
- Efectuar as xestións administrativas das áreas de selección e formación dos recursos humanos da empresa, axustándose á normativa vixente e á política empresarial, baixo a supervisión do responsable superior do departamento.
- Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención ao cliente/usuario, tanto en empresas públicas como privadas, aplicando a normativa vixente e protocolos de calidade, asegurando a satisfacción do cliente e actuando segundo normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
Plan de formación
Se estudas 1º do ciclo formativo no curso 24-25, vas cursar:

- Comunicación empresarial e atención ao cliente.
- Empresa na aula.
- Empresa e Administración.
- Operacións administrativas de compra-venda.
- Operacións administrativas de recursos humanos.
- Operacións auxiliares de xestión de tesouraría.
- Técnica contable.
- Tratamento da documentación contable.
- Tratamento informático da información.
- 0156 Inglés Profesional (Grau Medio)
- 1664 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (Grau Medio).
- 1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo.
- 1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I.
- 1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II.
- 1713 Proxecto intermodular.
- Módulo profesional optativo (competencia de cada Comunidade Autónoma).
- Inclúe unha fase de formación en empresa ou organismo equiparado como parte integrada do currículo do ciclo formativo.

Se estudas 2º do ciclo formativo no curso 24-25 non cambiará o teu plan de formación.
Seguir estudando
Seguir estudando:

- Cursos de especialización profesional
- Outro ciclo de Formación Profesional coa posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais segundo a normativa vixente
- O Bacharelato en calquera das súas modalidades
- Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias de opción do bloque das troncais)
Os teus estudos en Europa
Niveis
Esta formación correspóndese con:

- Marco Español de Cualificacións para a Aprendizaxe Permanente (MECU): Nivel 4A
- Clasificación Internacional Normalizada da Educación 2011 (CINE-11): Nivel P-3.5.4
Máis información
Este título equivale, unicamente a efectos laborais, ao título LEI 70:

- Técnico/a Auxiliar Administrativo/a, rama Administrativa e Comercial
- Técnico/a Auxiliar en Secretariado, rama Administrativa e Comercial
- Técnico/a Auxiliar en Rexiduría de Pisos, rama Administrativa e Comercial
- Técnico/a Auxiliar en Administración e Xestión, rama Administrativa e Comercial
- Técnico/a Auxiliar en Documentación Administrativa e Operativa de Teclados, rama Administrativa e Comercial

Título Profesional Básico en Servizos Administrativos

Ciclo formativo (2.000 h)
Se queres traballar como auxiliar de oficina, de arquivo ou de vendas, etc., esta é a túa titulación.
Requisitos de acceso
Debes cumprir todos os seguintes requisitos:

- Ter cumpridos quince anos, ou cumprilos durante o ano natural en curso, e non superar os dezasete anos de idade no momento do acceso ou durante o ano natural en curso.
- Ter cursado o primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria (3º da ESO) ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria.
- Que o equipo docente propuxese aos pais, nais ou titores legais a incorporación do alumno ou alumna a un ciclo de Formación Profesional Básica.
Saídas profesionais
Traballar como:

- Auxiliar de oficina
- Auxiliar de servizos xerais
- Auxiliar de arquivo
- Ordenanza
- Auxiliar de información
- Telefonista en servizos centrais de información
- Clasificador/a e/ou repartidor/a de correspondencia
- Gravador/a-verificador/a de datos
- Auxiliar de dixitalización
- Operador/a documental
- Auxiliar de venda
- Auxiliar de dependente/a de comercio
- Operador/a de cobro ou caixeiro/a

Podes traballar en centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.
Qué vou aprender
- Preparar equipos e aplicacións informáticas para levar a cabo a gravación, tratamento e impresión de datos e textos, asegurando o seu funcionamento.
- Elaborar documentos, utilizando a linguaxe científica e os recursos gráficos e expositivos en función dos contextos de aplicación, asegurando a súa confidencialidade e utilizando aplicacións informáticas.
- Realizar tarefas básicas de almacenamento e arquivo de información e documentación, tanto en soporte dixital como convencional, de acordo cos protocolos establecidos.
- Realizar labores de reprografía e encadernado básico de documentos segundo os criterios de calidade establecidos.
- Tramitar correspondencia e paquetería, interna ou externa, utilizando os medios e criterios establecidos.
- Realizar operacións básicas de tesouraría, utilizando os documentos axeitados en cada caso.
Plan de formación
Se estudas 1º do ciclo formativo no curso 24-25, vas cursar:

- 3160 Proxecto intermodular de aprendizaxe colaborativa
- Ámbito de Ciencias Aplicadas I
- Ámbito de Ciencias Aplicadas II
- Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I
- Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais II
- Aplicacións básicas de ofimática
- Arquivo e comunicación
- Atención ao cliente
- Formación en centros de traballo
- Itinerario persoal para a empregabilidade
- Preparación de pedidos e venda de produtos
- Técnicas administrativas básicas
- Tratamento informático de datos
- Titoría
- Inclúe unha fase de formación en empresa ou organismo equiparado como parte integrada do currículo do ciclo formativo.

Se estudas 2º do ciclo formativo no curso 24-25, non cambiará o teu plan de formación.
Seguir estudando
Seguir estudando:

- Un ciclo formativo de grao medio (Este título terá preferencia para a admisión a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de Administración e Xestión, Comercio e Márketing, Téxtil, Confección e Pel, Vidro e Cerámica e Artes Gráficas).
Os teus estudos en Europa
Niveis
Esta formación correspóndese con:

- Marco Español de Cualificacións para a Aprendizaxe Permanente (MECU): Nivel 3A
- Clasificación Internacional Normalizada da Educación 2011 (CINE-11): Nivel 3.5.3

As novas do centro

Últimas publicacións de novas e mensaxes de interese do centro.

Convértete nun profesional titulado!
O Colexio Mendiño está implicado na loita polo futuro do seu alumnado. Connosco, conseguirás titularte, a que esperas?

Elixe qué che interesa e escríbenos

    Selecciona o ciclo formativo do teu interese
    Solicitude de información


    Por favor, rechea os seguintes campos.

    Onde estamos