Categorías
Actividades Comerciais Emprego Novas

premio cooperativismo

PREMIO AO COOPERATIVISMO NO ENSINO

O Colexio Mendiño recebiu onte comunicación do premio do cooperativismo no ensino da Xunta de Galicia co proxecto de emprendemento “Sail2day”, un marketplace  de maquinaria e equipamento de buques reacondicionados e repostos de segunda man dirixido ao sector naval feito e presentado por tres dos noso alumnos.

O xulgado tivo en conta que fora un proxecto cooperativo que aposta pola revalorización de residuos, sostenibidade, dixitalización do sector e xeración de emprego.

O equipo de alumnado promotor, de 2º curso do CM de Actividades Comercias xa fora informado e, neste video, podedes atopar a explicación do proxecto e de cómo o alumnado centrouse nos seus lazos co mundo do mar e a súa conciecia medioambental.

Categorías
FPB Novas

letras galegas 2023

CELEBREMOS AS LETRAS GALEGAS

Como cada ano por estas datas, celebramos as Letras Galegas, o día do libro galego, en galego e para Galicia e todas aquelas persoas que lles gusta ler, aprender e que aínda lles gusta celebrar un día coma este.

Dende o departamento de Normalización e Dinamización Lingüistica e coa mentorización e dirección do profesorado de Formación Profesional Básica, o alumnado fixo este incríble traballo que nos fai mostrarnos fachendosos das ideas e capacidade creativa que temos no colexio.

Disfrutádeo tanto coma nós!

Categorías
Novas Sin categoría

Hai que celebrar

HAI QUE CELEBRAR

Este ano, 2023, cúmprense 40 anos do nacemento do Colexio Mendiño a través da fundación dunha cooperativa. Este fito, chegar á madurez para un centro de ensino concertado, con vontade de ensino de calidade, e en galego, paga a pena ser celebrado, e por iso queremos celebralo con todas e todos.

Gustaríanos saber canta xente vai vir, e necesitamos a vosa colaboración para distribuir o formulario pola xente que viu ao colexio coa que aínda tedes contacto, e poder facer unha previsión.

A convocatoria final lanzarémola máis adiante, pero a celebración será o vindeiro sábado 20 de maio, en horario de tarde/noite, nalgún lugar do casco vello.

Aquí tedes o formulario para encher.

Grazas e vémonos nun mes!

Categorías
Novas Sin categoría

Confirmación solicitudes 22/23

CONFIRMACIÓN DE SOLICITUDES 22/23

Estás esperando saber se podes facer a túa matrícula para o curso 2022/2023? Lembra que primeiro deberás confirmar que fixeches ben a solicitude.

Para isto é necesario entrar aquí e solicitar o código único para poder entrar na páxina da Xunta, que é esta de aquí, e deste xeito saber si a túa solicitude está ben feita e pasarás a ter asignado un centro onde estudar o curso que ven, ou a solicitude está pendente, o que significa que terás que reclamar.

Tes ata o día 12 de xullo para miralo e non ter sorpresas despois. Non o deixes pasar!

Categorías
Novas

LETRAS GALEGAS 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Hoxe, como centro de ensino galego, queremos conmemorar o Día das Letras Galegas, convidarvos á celebración lendo un texto na nosa lingua que é símbolo da nosa cultura e que hoxe mais que onte necesita de nós para manterse viva.

Dende o Colexio Mendiño, na liña de creación, creatividade e desenvolvemento de ferramentas dixitais, convidamos ao noso alumnado a facer unha interpretación do cartaz das Letras Galegas, e aquí tedes os tres que gañaron e que nos fan sentirnos fachendosas e fachendosos de poder seguir celebrando este día.

1º Gañador
2º Gañador
3º Gañador

Viva o Día das Letras Galegas! E ogallá puidéramos disfrutalo co alumnado lendo e ensinando nesta, a nosa lingua.

Categorías
Novas

1º CONCURSO RRR

1º CONCURSO RRR

Cartaz deseñado para o 1º concurso RRR do Colexio Mendiño.

Dende o Colexio Mendiño actualizámosnos cada curso e o tema do medio ambente non é un tema menor. Como sabedes, as Nacións Unidas marcaron uns obxectivos de desenvolvemento sostíbel pola necesidade de achegar unhas metas específicas que teñen que ver co cousas tan importantes coma a adopción de medidas climáticas de carácter urxente que sirvan para combater o cambio climático e as súas consecuencias, ou o uso responsábel dos recursos a través da promoción e consecición duns patróns de producción e consumo que sexan sontíbeis.

No marco destes obxectivos e das medidas propostas, queremos aportar o noso gran de area e propuxemos ao noso alumnado un concurso no que contarnos como reciclan a través dun vídeo.

A semana que ven contaremos aquí quen foi o gañador ou gañadora desta iniciativa que imos manter xa para os próximos cursos.

Categorías
Novas

Un novo comezo

UN NOVO COMEZO

Hoxe o Colexio Mendiño comeza unha nova etapa no mundo dixital, porque hoxe lanzamos, por segunda vez, unha páxina web que mellora a anterior.

No camiño da conversa dixital, tan necesaria estes días e tras os acontecementos que estivemos a vivir no pasado máis recente, a realidade é que miramos a necesidade de desenrolar un novo comezo, unha nova etapa onde amosar un lugar para o encontro, a disertación e a conversa, con respecto e promovendo os nosos valores, pero dun xeito máis dixital.

Marchamos de vacacións, desexámosvos descanso e diversión, pero a volta xa nos veremos as caras todos e todas neste novo espacio.

Benvidas e benvidos.