TÉCNICO XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Que título se obtén? Técnica/o en Xestión Administrativa.
Que se aprende a facer? Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa? En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, desde o sector servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
Que ocupacións se desempeñan? Auxiliar administrativa/o, axudante de oficina; auxiliar administrativa/o de cobramento e pagamentos, administrativa/o comercial, auxiliar administrativa/o de xestión de persoal, auxiliar administrativa/o das administracións públicas, recepcionista, empregada/o de atención á clientela, empregada/o de tesouraría e empregada/o de medios de pagamento.


75%
do noso alumnado continua coa súa formación.

460
horas de distintas actividades en equipo.

350
pulsacións por minuto ao rematar.

410
horas de formación en centros de traballo.
Módulos Profesionais do Ciclo
CÓDIGO | MÓDULOS 1º CURSO | HORAS |
MP0449 | Formación e orientación laboral | 107 |
MP0156 | Inglés | 160 |
MP0438 | Operacións administrativas de compravenda | 133 |
MP0448 | Operacións auxiliares de xestión de tesouraría | 160 |
MP0441 | Técnica contable | 133 |
0P0441 | Tratamento informático da información | 267 |
CÓDIGO | MÓDULOS 2º CURSO | HORAS |
MP0437 | Comunicación empresarial e atención ao cliente | 123 |
MP0439 | Empresa e administración | 123 |
MP0446 | Empresa na aula | 156 |
MP0442 | Operación administrativas de recursos humanos | 123 |
MP0443 | Tratamento da documentación contable | 105 |
MP0451 | Formación en centros de traballo | 410 |