TÉCNICO ACTIVIDADES COMERCIAIS
Que título se obtén? Técnica/o en Actividades Comerciais.
Que se aprende a facer? Desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/ou servizos, xestionar un
pequeno establecemento comercial aplicando as normas de calidade e seguridade establecidas e respectando a lexislación.
En que ámbitos se traballa? En calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio. Trátase de traballadoras e traballadores por conta propia que xestionan un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores: en establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais; na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial; no departamento comercial de pequenas e medianas empresas (PME) e empresas industriais; no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias de organismos públicos; en empresas industriais e comerciais grandes e medianas; no sector do comercio polo miúdo.
Que ocupacións se desempeñan? Vendedor/ora; vendedor/ora técnico/a; representante comercial; orientador/ora comercial; promotor/ora; televendedor/ora; vendedor/ora a distancia; teleoperador/ora (en call centers); axente de información e atención á clientela; caixeira/o ou repoñedor/ora; operador/ora de contact centers; administrador/ora de contidos en liña; comerciante de tenda; xerente de pequeno comercio; técnica/o de xestión de existencias e almacén; xefa/e de almacén; responsable de recepción de mercadorías; responsable de expedición de mercadorías; técnica/o en loxística de almacéns e técnica/o de información e atención á clientela en empresas.


85%
do noso alumnado aproba o ciclo de comercio.

460
horas de distintas actividades en equipo.

320
exercicios de expresión e comprensión en inglés.

410
horas de formación en centros de traballo.
Módulos Profesionais do Ciclo
CÓDIGO | MÓDULOS 1º CURSO | HORAS |
MP1233 | Aplicacións informáticas para o comercio | 133 |
MP1231 | Dinamización do punto de venda | 160 |
MP1236 | Formación e orientación laboral | 107 |
MP0156 | Inglés | 160 |
MP1226 | Marketing na actividade comercial | 160 |
MP1232 | Procesos de venda | 160 |
MP1229 | Xestión de compras | 80 |
CÓDIGO | MÓDULOS 2º CURSO | HORAS |
MP1235 | Comercio electrónico | 123 |
MP1234 | Servizos de atención comercial | 87 |
MP1228 | Técnicas de almacén | 123 |
MP1230 | Venda técnica | 123 |
MP1227 | Xestión dun pequeno comercio | 174 |
MP1237 | Formación en Centros de Traballo | 410 |