Categorías
Novas

plan dixital 2023/2024

PLAN DIXITAL CURSO 2023/2024

Como xa vimos facendo dende o curso 2021/2022, actualizamos un curso máis a información en referencia á actualización dixital do centro, no marco da aprobada Resolución  do 3 de  setembro de 2021, da Secretaría  xeral de Educación e Formación Profesional, co desenvolvemento, aprobación, posta e marcha e seguemento dun Plan Dixital que marca as liñas que o Colexio Mendiño pretende acadar os próximos cursos para estar á cabeza da dixitalización, sempre tendo en conta as circunstacias e peculiaridades do noso alumnado, profesorado, familias e do centro en cuestión.

Queremos facer público dito plan, e por iso que vos deixamos a ligazón para que poidades facer unha lectura profunda e poidades comentar, dende o espazo que ocupedes dentro da comunidade educativa, os pontos aquí expostos.

Consulta o noso Plan Dixital aquí.

Categorías
FPB Novas

letras galegas 2023

CELEBREMOS AS LETRAS GALEGAS

Como cada ano por estas datas, celebramos as Letras Galegas, o día do libro galego, en galego e para Galicia e todas aquelas persoas que lles gusta ler, aprender e que aínda lles gusta celebrar un día coma este.

Dende o departamento de Normalización e Dinamización Lingüistica e coa mentorización e dirección do profesorado de Formación Profesional Básica, o alumnado fixo este incríble traballo que nos fai mostrarnos fachendosos das ideas e capacidade creativa que temos no colexio.

Disfrutádeo tanto coma nós!

Categorías
Sin categoría

Un curso cheo de vida

UN CURSO CHEO DE VIDA

Este curso 2022-2023 agardámolo con moitas gañas. Algunhas cousas mudaron en nós, outras no colexio, pero o que non vai pasar desapercibido vai ser o feito de non ter que levar máscara, e da pandemia, que en todas e todos nós vai notarse; imos vernos as caras, os sorrisos, as intencións, imos recuperar unha parte de nós, pero tamén unha parte dos outros, das outras, da xente de en fronte, das exposicións, dos debates, das risas na clase e tamén das tristezas que aquí compartimos.

Desexamos que a pandemia mudara algo en nós para saber aproveitar o tempo, para non perder as gañas, para querer rematar, saír, ler, desfrutar, facer amigos, miralos á cara, estudar e aprender xuntas e xuntos, quedar e facer todo o que significa vivir.

Dámosvos a benvida a un curso cheo disto, de vida.

Categorías
Sin categoría

Volta as aulas

Esperámosvos!!

Ao noso alumnado que comeza o curso 2022/2023 este mes de setembro, queremos lembrarlle puntualidade o xoves, 8 de setembro.

A presentación de todalas aulas vai ser as 11:00 da mañá.

Categorías
Sin categoría

Bicos de Papel

NON QUERO QUERER BICOS DE PAPEL

Sabes o que fan dende Bicos de Papel? Quizá teríamos que botar un ollo os seus proxectos para entender a dimensión da súa labor e tamén o título desta entrada, porque grazas á visita de Natalia Dieste, a directora da Asociación, o noso alumnado de TCAE tivo a fantástica oportunidade de coñecer a labor que desempeñan, os proxectos que realizan e o traballo que xa fixeron.

Natalia contounos tamén a importancia da axuda de todas e todos en doación de médula, concienciando o noso alumnado e normalizando a visibilidade deste tipo de axuda que xa é, para Vigo, completamente imprescindible

Aínda que sabemos o bo e gran traballo que fan, gustaríanos decir que non queremos estes bicos de papel, pero si queremos moitos bicos deles.

Grazas por vir. Grazas por tanto.

Categorías
Sin categoría

Creatividade Publicitaria

CONCURSOS E CONSELLOS DE CREATIVIDADE PUBLICITARIA

Este mes tivemos a sorte de recibir unha charla para 1º de Actividades Comerciais dentro da materia de Marketing na Actividade Comercial, da mán dunha das grandes mentes creativas da nosa comunidade, Daniel Rodríguez, Executive Creative Director da compañía DDB International.

Daniel contounos a súa traxectoria ata chegar onde está, tamén como foi o camiño que recorreu, como foron os comezos e que diferenzas atopa co alumnado que chega para facer periodos de becas agora fronte ao que viviu el.

Doutra banda deu alguns consellos ao noso alumnado se teñen pensado adicarse ao mundo da creatividade, coma a necesidade de contar a través das emocións, de atopar unha forma de chegar ao público dándolle un punto de pensamento lateral, e ter ideas distintas, válidas e útis.

Ogalla poidamos repetir nos próximos cursos!

(Deixamos aquí unha mostra de campañas dirixidas por Daniel.)

Categorías
Sin categoría

Visita ECOVAL

OUtro contenedor, que marrón!

Con motivo do día Internacional da reciclaxe, que en Galiza coincide co día das Letras Galegas, e célebrase o día 17 de maio, no colexio tivemos a sorte de recibir a visita do proxecto Ecoval coa súa campaña de sensibilización para a implementación dun novo contenedor que vai ser obrigatorio, por directiva europea, a partir de 2024. O contenedor marrón.

Ángela, Carlos e Lucía viñeron a falar dos proxectos europeos e de a necesidade de levalo a cabo e colaborar co outros países cercanos, neste caso con Portugal e Francia que neste caso teñen distintas entidades que perseguen un obxectivo común, e que o da nosa charla céntrabase no eixo do impulso á investigación e innovación para fomentar a loita contra o cambio climático no marco dunha economía que potencie as emisións baixas en carbono.

Aprendimos, dunha banda as cousas que teñen que ir no contenedor marrón, que o primeiro ten que ser reduir o consumo e canto gastamos en toda a comida que tiramos ao lixo.

Doutra banda lembramos a importancia dos fangos pola cantidade de cousas que podemos facer con eles e que cousas non debemos tirar polo WC para non atascar os condutos polos custos e problemas que conleva.

Categorías
Sin categoría

LETRAS GALEGAS FPB

Lendo Letras Galegas

Aquí está o vídeo que o alumnado de Formación Profesional Básica preparou este ano para o día das Letras Galegas, lendo na nosa lingua para celebrar este día.

Categorías
Novas

Un novo comezo

UN NOVO COMEZO

Hoxe o Colexio Mendiño comeza unha nova etapa no mundo dixital, porque hoxe lanzamos, por segunda vez, unha páxina web que mellora a anterior.

No camiño da conversa dixital, tan necesaria estes días e tras os acontecementos que estivemos a vivir no pasado máis recente, a realidade é que miramos a necesidade de desenrolar un novo comezo, unha nova etapa onde amosar un lugar para o encontro, a disertación e a conversa, con respecto e promovendo os nosos valores, pero dun xeito máis dixital.

Marchamos de vacacións, desexámosvos descanso e diversión, pero a volta xa nos veremos as caras todos e todas neste novo espacio.

Benvidas e benvidos.