Categorías
Actividades Comerciais Emprego Novas

sail2day premio

O MENDIÑO CO EMPRENDEMENTO

O proxecto SAIL2DAY do alumnado do Colexio Mendiño, gaña o 2º Premio E ESO/PES LAB. Parabens!!

O concurso, promovido por Fundamar, E ESO/PES LAB durante o presente curso 2022-2023, pretende ser un referente como laboratorio de emprendemento en economía social dende o ámbito da Formación Profesional co obxectivo de enfrontar os retos do sector pesqueiro que non son poucos.

Celebrada onte a entrega dos premios, o proxecto SAIL2DAY que xa gañara este mesmo curso un premio de cooperativismo que podedes ler aquí, quedou segundo nesta ocasión.

O equipo, composto por Pablo, Adrián e Tone, pretende responder con innovación aos retos plantexados como son a atracción de novos e novas ao mercado laboral do sector, a dixitalización do sector, a proposta de alianzas e sinerxias nun mundo individualista, e o crecemento económico para todos os axentes do naval e da pesca.

Grazas a Fundamar, a ARVI, a Cardama Shipyard e a todas e todos os participantes, xuíces e centros educativos que fan posible iniciativas como estas. E parabens ao alumnado do IES A Guía que gañaron o 1º premio.

Categorías
Actividades Comerciais Emprego Novas

premio cooperativismo

PREMIO AO COOPERATIVISMO NO ENSINO

O Colexio Mendiño recebiu onte comunicación do premio do cooperativismo no ensino da Xunta de Galicia co proxecto de emprendemento “Sail2day”, un marketplace  de maquinaria e equipamento de buques reacondicionados e repostos de segunda man dirixido ao sector naval feito e presentado por tres dos noso alumnos.

O xulgado tivo en conta que fora un proxecto cooperativo que aposta pola revalorización de residuos, sostenibidade, dixitalización do sector e xeración de emprego.

O equipo de alumnado promotor, de 2º curso do CM de Actividades Comercias xa fora informado e, neste video, podedes atopar a explicación do proxecto e de cómo o alumnado centrouse nos seus lazos co mundo do mar e a súa conciecia medioambental.