Categorías
TCAE

Andaina a Samil

ANDAINA A SAMIL

Con motivo da celebración da segunda semana saudable que ven sendo xa unha tradición no Colexio Mendiño cada ano, e que levamos dous anos sen facer pero retomamos neste curso con moito agarimo e ilusión, a proposta de andaina ata a praia de Samil resultou un éxito.
O alumnado chegou puntual e fixo o camiño de ida e de volta con bo paso. Unha vez alí gozaron dunha rica froita, xogos de pelota e algúns deles ata quixeron darse o primeiro baño do ano, valentes eles!

Pouco nos queda xa deste curso, esta derradeira avaliación na que as propostas seguirán xurdindo, iremos contandovos máis.