DESPEDIMOS ESTE CURSO 2021/2022
Andrea, Antonio, Nico, Xoán…imos botar de menos a todas e todos os nosos alumnos, aqueles que hoxe marchan e que xa só volverán de visita ou a pedir o título nuns anos. Esas mesmas que, cando chegaron, levaban máscara e amosaban ser tímidas, viñan de estar na casa, de saber o que é unha pandemia e as cousas que poderían chegar a pasar de novo, algúns aínda enfermaron, outros perderon xente cercana e outros miraron a vida pasar sen ter nocións dos mellores anos que ían pasar rápidos delante deles.
Entrar, saír, protestar, madurar, asentir e finalmente, rematar. Sen saber moi ben como ocorreu, marchan, e con eles vai tamén unha parte de nós. Ata setembro que empezaremos outra vez esta roda da vida.
Feliz verán.
