1280x860

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Pellentesque massa ipsum, efficitur a fermen tum sed, suscipit sit amet arcu. Ut ut finibus tortor, eu ultrices turpis. Mauris vitae elit nec diam elementum elementum.

A VÉSPERA DOS DIFUNTOS FOI….

Dentro do centro

Este ano, para a véspera de defuntos, Samain ou, como tamén din por aí, Halloween, organizamos un concurso. Propúxose dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

A idea foi que o alumnado elaborase un microrrelato relacionado con esta festividade, moi arraigada na nosa cultura. Redactaríase en galego e cunha lonxitude máxima de 240 caracteres. Por que? Porque para facelo máis atractivo e que participase todo o colexio decidimos que se enviaría nun tuit con hashtag #saminmendiño.

En cada aula elixíronse por votación, de xeito segredo, os dous mellores. Despois xuntáronse todas as aulas para elixir un gañador cun voto segredo tamén. O premio aos microrrelatos gañadores, un da mañá e outro da tarde, foron unhas entradas dobres para o cine. A gañadora da mañá foi Iris Martínez, e da tarde Nicolás Rubio; aquí están os máis votados do colexio:

1º da mañá, “Vou camiñando pola rúa e noto unha presencia…estou segura, teño que darme prisa a chegar a miña casa. Colleme outra persoa da man. E unha bruxa. Recordo que é Samain. Sentome segura #samainmendiño”.

1º da tarde, “Mentres sufría torturado por aqueles nenos sen cara, sen querer ver aqueles vídeos, a miña aloucada mente decidiu cortarse as pálpebras e facer un sorriso ata o pescozo. Sería magnífico para ver feliz eses vídeos de asasinatos que odiaba e me torturaban naquel orfanato abandonado #samainmendiño”.

  • “Non podo moverme, respirar, falar ou oír, e está moi escuro todo o intre. Si soubese que isto era a soidade, preferiría a incineración #samainmendiño”.
  • “Samaín de antonte: noite de néboas, noite de bágoas, ánimas libres coa Santa Compaña. Susto de morte, que non te leven!. Samaín de hoxe: noite de chuches, á festa fuches, os nenos libres coa cara pintada. A ver si hay sorte, agarda a chegada! #samainmendiño”.
  • “Sae correndo se me ves en samain. porque eu son a orixe da lenda, a cabaza encantada que polas noites asómase a túa fiestra e ilumina o camiño da morte. Só serás quen de ver o meu tétrico sorriso antes de pechares os ollos para sempre #samainmendiño”.
  • “Mira a esquerda, a dereita, aos teus pés, no vestíbulo, debaixo da cama….pero nunca mires enriba. Odian que lles miren aos ollos #samainmendiño”.
  • “Noite estrelada. Lúa chea, ao lonxe o son de nenos correndo e rindo. Nese intre escoito un son, doume  a volta e ahí está, alta e cun aura escura, o meu destino, a miña amiga a morte #samainmendiño”.
  • “Non sabía o que estaba a acontecer. Un golpe seco, sen berro. Alí estaba ela, tumbada no chan mentres sangraba pola cabeza, os ollos inxectados en sangue, a boca aberta como se fora a berrar. Así ollábame eu dende fora. Estaba morta, o final el o fixo #samainmendiño”.
  • “Maruxa subía as escaleiras do colexio Mendiño seguida da Santa Compaña, cando chegou arriba atopou cabazas con luz, mortos viventes e pantasmas. De súpeto unha man apoiouse no seu ombreiro e díxolle: -Esperta filla que chegas tarde #samainmendiño”.
  • “- Papá hai unha muller mirándome na cociña. – Que dis oh, se non hai nadie fillo meu. Pero que carallo, se meu fillo morreo fai cinco anos!! #samainmendiño”.
  • “Medo é que na actualidade non se discrimina un esqueleto porque son todos iguais, e si un corpo, unha cor ou unha cultura #samainmendiño”.
  • “23:00 recibín unha chamada da miña parella: ‘Amor hoxe hai moito tráfico, chegarei tarde’… A mañá seguinte atoparon o seu coche nun barranco. A autopsia revelou que a hora da morte foi ás 22:55… #samainmendiño”.
  • “12 anos atrás unha noite coma a de hoxe, eu fun durmir para a cama dos meus pais, eles tiñan posta a radio e nela estaban a dicir que na noite de Samain os defuntos saen a visitar as súas familias, fai 12 anos que non son capaz de durmir nestas noites de Samain #samainmendiño”.
  • “Non podo escapar desta vella casa. Tenteino unha e outra vez, pero a néboa impídemo. Parece coma se a casa fose o único que existe. Non se como cheguei aquí, e prefiro nin sabelo. É entón cando me dou conta de que estou morto… #samainmendiño”.
  • “Abriu os ollos, só obscuridade. As súas mans golpeaban, empurraban e nada cedía. Ninguén lle respondeu aos seus berros, só houbo silencio, tardou en darse conta de que xa estaba morto… #samainmendiño”.
  • “Escóitase un ruído, ábrese unha porta, unha sombra escura penetra. Diríxese ao meu cuarto. Berro. A sombra alza un coitelo… #samainmendiño”.
A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies para garantir que che ofrecemos a mellor experiencia como usuaria/o da nosa web. Se continúas, entendemos que dás o teu consentimento para recibir todas as cookies en todas as páxinas web do Colexio Mendiño. Quero saber máis

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar