O pasado día 27 de febreiro se fixo unha visita moi interesante para o alumnado de Xestión Administrativa, ao pleno do Concello de Vigo.
A visita durou en torno as tres horas, dende as 9:00 ata as 12:00 da mañá, aínda que o alumnado marchou do pleno antes de que rematase. No pleno tratáronse diversos puntos, tanto sobre a cidade de Vigo coma a nivel autonómico e nacional, sendo exemplos destes a folga do 8 de marzo, a solicitude dun número máis elevado de enfermeiras, a aprobación da liquidación dos orzamentos e tamén diferentes puntos de urbanismo.
O alumnado puido observar como seguen a orde do día, toman decisións, as diferentes maiorías, quendas de palabra polos diferentes partidos políticos, como poden entrar e saír, e en definitiva o comportamento das políticas e políticos no pleno, así coma o propio alumnado nun escenario diferente. Esperamos repetir o próximo ano.