CM Xestión Administrativa
Que título se obtén? Técnica/o en Xestión Administrativa.
Que se aprende a facer? Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa? En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía. Que ocupacións se desempeñan? Auxiliar administrativa/o, axudante de oficina; auxiliar administrativa/o de cobramento e pagamentos, administrativa/o comercial, auxiliar administrativa/o de xestión de persoal, auxiliar administrativa/o das administracións públicas, recepcionista, empregada/o de atención á clientela, empregada/o de tesouraría e empregada/o de medios de pagamento.
- 1º curso: 960 horas de clase
- 2º curso: 630 horas de clase
- Prácticas: 410 horas
Módulos profesionais do ciclo
CÓDIGO |
MÓDULOS 1º CURSO |
HORAS |
MP0449 | Formación e orientación laboral | 107 |
MP0156 | Inglés | 160 |
MP0438 | Operacións administrativas de compravenda | 133 |
MP0448 | Operacións auxiliares de xestión de tesouraría | 160 |
MP0441 | Técnica contable | 133 |
0P0441 | Tratamento informático da información | 267 |
CÓDIGO |
MÓDULOS 2º CURSO |
HORAS |
MP0437 | Comunicación empresarial e atención ao cliente | 123 |
MP0439 | Empresa e administración | 123 |
MP0446 | Empresa na aula | 156 |
MP0442 | Operación administrativas de recursos humanos | 123 |
MP0443 | Tratamento da documentación contable | 105 |
MP0451 | Formación en centros de traballo | 410 |