SOLICITUDE DE PRAZA

Unha única solicitude.

A solicitude farase empregando o asistente da aplicación informática que se atopa aquí.

A instancia que xera a aplicación informática deberase imprimir, asinar e presentar no centro.

Deberá vir identificada/o co seu DNI.

A solicitude deberá estar acompañada do certificado académico ORIXINAL.

No caso de que a alumna/o sexa menor de idade será necesario que a solicitude estea asinada pola nai, pai ou titor.

No caso de ter unha discapacidade concedida, deberá achegar o certificado de discapacidade e o informe do departamento de orientación do centro anterior.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Unha vez que que teñas concedida a praza debes formalizar a matrícula nos prazos establecidos.

Para efectuar a matrícula debes obter o impreso de matrícula dispoñible aquí e traelo cuberto ao centro.

Xunto co impreso de matrícula debes achegar:

  • Unha foto tamaño carné.
  • A copia da solicitude no caso de que se presentara noutro centro.