Aproveitando que o pasado día 26 foi o día europeo das linguas, hoxe queremos facernos eco das palabras e datos que nos ofrece A Mesa pola Normalización Lingüística, reclamando toda a normalidade das linguas e dos pobos para unha Europa da igualdade, da xustiza e da cohesión social.
Para quen vivimos en Galiza e desfrutamos de ter dúas linguas e de fomentar o seu uso, queremos lembrar a enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre o uso do galego que amosa uns datos alarmantes:
1. A mocidade menor de 15 anos que non sabe falar galego sobe un 7’6% en 10 anos e acada o 24%. Esta é unha das negativas consecuencias do Decreto contra o galego.
2. Os rapaces e rapazas que non sabe escribir en galego é un preocupante 30,04%.
3. O 18,32% das rapazas e rapaces de 5 a 14 anos non sabe ler en galego.
4. Os datos do IGE constatan a perda continuada de galegofalantes, especialmente no ámbito urbano.
5. No ámbito social o descenso do uso do galego é alarmante. En 10 anos descende en todos os ámbitos:
Comercio: 4,68%
Profesorado das crianzas: 5,2%
Administración: 5,37%
Sanidade: 5,69%
Banca: 6,54%
Se queredes mais información podedes atopala aquí.