O Colexio Mendiño gaña o 2º Premio do certame Cooperativismo no ensino 2025 na modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixido a alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial polo proxecto “Maruxía”.

A Xunta de Galicia, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración  concederon o Accésit ao proxecto empresarial finalista ao alumnado do “Colexio Mendiño” polo seu proxecto “Maruxía”.

O accésit, dotado con 3.500 euros que se repartirán entre as persoas autoras do proxecto ,recoñece a coherencia do traballo, orixinalidade do tema escollido, a viavilidade económica da proposta e a súa relación coa contorna na que se desenvolve. 

O equipo está formado por Aimar González, Ainhoa Magaz e Lara Rodríguez, estudantes de 2º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais, baixo a dirección da docente Paola Bar.

 “Maruxía” é unha plataforma web que ofrece un servizo único e accesible de navegación interxeracional en España, que conecta persoas maiores con moz@s para compartir experiencias no mar. A través dunha experiencia segura, accesible e educativa, facilitamos que as persoas maiores poidan gozar da navegación acompañadas por moz@s que as axudan durante a actividade, fomentando así a súa autonomía e seguridade. Ao mesmo tempo, @s moz@s teñen a oportunidade de adquirir habilidades prácticas relacionadas coa navegación, complementando a súa formación e motivándoos a participar activamente. 

Este servizo non só proporciona unha actividade lúdica e formativa sen custo económico, senón que tamén crea un espazo onde se fortalece a conexión emocional entre xeracións, combatendo a soidade das persoas maiores e promovendo vínculos de confianza e empatía entre os participantes.

O galardón destaca a importancia da educación cooperativa como ferramenta clave para fomentar a innovación social e promover un emprendemento responsable e sostible.