INSTRUCCIÓNS DE SOLICITUDE E MATRÍCULA DE CICLOS PARA O CURSO 2025/2026

A Xunta publicou xa a información relativa aos procesos de solicitude e matrícula, así coma a oferta de ciclos de FP, para o vindeiro curso 2025/2026.

Podedes atopar toda a información nesta ligazón, e lembra que se queres estudar un grao medio e ves directamente de 4º da ESO, necesitarás solicitar no teu centro o certificado de estudos, que cho darán unha vez postas as notas. Sen iso non poderás matricularte.

Non dubides en contactar connosco se tes calqueira pregunta referente ao proceso de solicitude e lembra que podes vira o noso centro e axudaremoste encantadas!