Como parte dun proxecto de aprendizaxe e servizo, o alumnado de 1º de Xestión Administrativa impartiu un obradoiro na Asociación para enfermos mentais Xaruma o día 25 de xaneiro.
Primeiro se fixo unha visita as súas instalacións e foron os propios usuarios os que nos contaron todas as actividades que realizan como a horta, o obradoiro de busca activa de emprego, a radio… e porque para eles é importante Xaruma e as dificultades que atravesan tanto persoais como profesionais por ter unha enfermidade mental.
Dende o Colexio Mendiño queremos agradecerlles que abrisen as portas ao noso alumnado para que cada un de eles, e de nós, poidamos entender e empatizar co tipo de problemática que enfrontan cada día e por o noso gran de area para axudarlles e darlles facilidades a través dos talleres que fixemos con eles. Esperamos que no futuro poidamos repetirllos e continuar así con esta colaboración; o noso alumnado quedou feliz co obradoiro e iso é garantía do éxito da cooperación entre ambas entidades.