O pasado día 4 de outubro o alumnado de 2º de Actividades Comerciais acudiu á feira de Conxemar, unha das feiras máis importantes na venda de peixe do mundo, e tamén das máis importantes de Europa, sendo a máis famosa e importante de España tal e como recollen algúns medios locais e nacionais nas súas crónicas destes días (Diario Atlántico, La Voz de Galicia).
A idea da visita, enmarcada dentro da materia de Venda Técnica, non foi outra que coñecer de primeira man o traballo das empresas da zona ao respecto da venda entre empresas e especialmente a posibilidade de falar con comerciais que adícanse ao traballo que o día de mañá o noso alumnado poderá desenvolver.
A visita foi un éxito, cunha asistencia total por parte do alumnado que non só tivo a oportunidade de pechar varias reunións e de falar cos responsables comerciais de moitas das empresas que operan na zona de Vigo, senón que foi a súa primeira experiencia nunha feira deste tamaño e tiveron tempo de lecer unha vez rematada a parte práctica da actividade.
Grazas aos responsables das empresas e a organización de Conxemar por facer que cada ano gran parte do noso alumnado teña a oportunidade de asistir e descubra o camiño ao que quere adicar a súa carreira profesional.

