Como xa vos adiantábamos no mes de Xuño, formamos parte da rede internacional de empresas simuladas SEFED, para formar persoas, de forma práctica e transversal, en tarefas administrativas e de xestión empresarial utilizando a simulación de empresas como metodoloxía de aprendizaxe.
O noso propósito é que o alumnado que remata como Técnico en Xestión Administrativa adapte os seus coñecementos ao mundo real, tratando polo tanto de ofrecer servizos que as empresas de hoxe demandan de verdade e que marcarán a diferenza fronte á competencia cando falamos dun traballo nun mundo tan dixitalizado e informatizado como o que estamos a vivir. Queremos que todo o alumnado remate cunha formación baseada en experiencias reais.
Se queredes máis información do ciclo podedes revisala aquí. Se queredes máis información do colexio, podedes contactarnos aquí e se queredes máis información sobre o programa do que estamos a falar, só tedes que revisar esta ligazón: http://www.inform.es/es
No colexio Mendiño traballamos para que o alumnado mellore as súas competencias e formando sempre de cara ao futuro.