Tres alumnos do Colexio Mendiño son seleccionados para participar no campus RetoEmprende de EduCaixa que terá lugar en maio. O seu proxecto, unha aplicación móbil de contido social e indicada para millenials, resultou un dos 35 proxectos ganadores do concurso Desafío Emprende 2019.
SORO, o proxecto presentado polo Colexio Mendiño ao concurso Desafío Emprende 2019, foi seleccionado xunto a outros 34 proxectos desenvolvidos polo alumnado de ESO,Formación Profesional e Bacharelato de toda España, dun total de 1.200 candidaturas, para participar no Campus RetoEmprende que convoca a Obra Social La Caixa a través de EduEmprende e que se celebrará en Barcelona entre os días 8 e 11 de maio de 2019.
Os proxectos seleccionados foron valorados pola súa orixinalidade, sustento, claridade e pertinencia; con eles, a Obra Social La Caixa a través do programa JóvenesEmprendedores premia a promoción do desenvolvemento emprendedor do alumnado para que sexa capaz de observar, comprender e así xerar oportunidades e proxectos de negocio na súa contorna.
O Campus RetoEmprende acollerá ao alumnado participante dos 35 proxectos seleccionados, así como aos docentes que lles acompañaron no desenvolvemento dos mesmos, onde recibirán formación durante cinco días: obradoiros e conferencias da man de expertos para poder mellorar os seus proxectos e desenvolver outros novos no futuro. Os cinco mellores proxectos ganarán ademais unha viaxe formativa a Silicon Valley.
SORO é un proxecto concibido para ser desenvolvido como unha aplicación móbil para mulleres, útil cando estas se atopan en zonas de ocio fundamentalmente, e que lles permite conectarse a través do seu dispositivo, mediante xeolocalización, con outras mulleres que se encontran cerca, previamente dadas de alta e certificadas como usuarias da aplicación, para contactar entre elas e pórse de acordo para marchar xuntas -pode ser a casa, ou a calquera outro lugar-, garantindo así non facer o camiño soas.
O proxecto foi desenvolvido por tres alumnos de 2º curso do Ciclo Medio de Formación Profesional de Actividades Comerciais, dentro da materia “Xestión dun pequeno comercio”.