creatividade archivos - Colexio Mendiño https://colexiomendino.com/tag/creatividade/ Centro de Formación Profesional en Vigo Thu, 29 Jun 2023 08:56:54 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.3.4 https://colexiomendino.com/wp-content/uploads/2021/06/cropped-Logo-Mendino-VECTORIAL-32x32.png creatividade archivos - Colexio Mendiño https://colexiomendino.com/tag/creatividade/ 32 32 sail2day premio https://colexiomendino.com/sail2day-premio/ https://colexiomendino.com/sail2day-premio/#respond Thu, 29 Jun 2023 08:56:52 +0000 https://colexiomendino.com/?p=1713 Antonio Basanta, directos xeral de pesca, acuicultura e innovación tecnolóxica da Xunta de Galicia entregando o 2º premio a SAIL2DAY.

La entrada sail2day premio se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
O MENDIÑO CO EMPRENDEMENTO

O proxecto SAIL2DAY do alumnado do Colexio Mendiño, gaña o 2º Premio E ESO/PES LAB. Parabens!!

O concurso, promovido por Fundamar, E ESO/PES LAB durante o presente curso 2022-2023, pretende ser un referente como laboratorio de emprendemento en economía social dende o ámbito da Formación Profesional co obxectivo de enfrontar os retos do sector pesqueiro que non son poucos.

Celebrada onte a entrega dos premios, o proxecto SAIL2DAY que xa gañara este mesmo curso un premio de cooperativismo que podedes ler aquí, quedou segundo nesta ocasión.

O equipo, composto por Pablo, Adrián e Tone, pretende responder con innovación aos retos plantexados como son a atracción de novos e novas ao mercado laboral do sector, a dixitalización do sector, a proposta de alianzas e sinerxias nun mundo individualista, e o crecemento económico para todos os axentes do naval e da pesca.

Grazas a Fundamar, a ARVI, a Cardama Shipyard e a todas e todos os participantes, xuíces e centros educativos que fan posible iniciativas como estas. E parabens ao alumnado do IES A Guía que gañaron o 1º premio.

La entrada sail2day premio se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
https://colexiomendino.com/sail2day-premio/feed/ 0
alumno beatbox https://colexiomendino.com/alumno-beatbox/ https://colexiomendino.com/alumno-beatbox/#respond Thu, 08 Jun 2023 11:44:49 +0000 https://colexiomendino.com/?p=1695 POLO MENOS UN TALENTO Sempre escoitamos que todas e todos temos, polo menos, un talento. Neste caso queríamos facervos partícipes dos talentos dun dos nosos alumnos, David, que é unha eminencia no mundo do Beatbox, e que gañou a derradeira competición desta disciplina, ata agora prácticamente descoñecida para a maioría do profesorado do Colexio Mendiño. […]

La entrada alumno beatbox se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
POLO MENOS UN TALENTO

Sempre escoitamos que todas e todos temos, polo menos, un talento. Neste caso queríamos facervos partícipes dos talentos dun dos nosos alumnos, David, que é unha eminencia no mundo do Beatbox, e que gañou a derradeira competición desta disciplina, ata agora prácticamente descoñecida para a maioría do profesorado do Colexio Mendiño.

Deixámosvos aquí o vídeo que demostra o seu talento.

Parabéns, Dava!

La entrada alumno beatbox se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
https://colexiomendino.com/alumno-beatbox/feed/ 0
letras galegas 2023 https://colexiomendino.com/letras-galegas-2023/ https://colexiomendino.com/letras-galegas-2023/#respond Tue, 16 May 2023 09:35:00 +0000 https://colexiomendino.com/?p=1687 CELEBREMOS AS LETRAS GALEGAS Como cada ano por estas datas, celebramos as Letras Galegas, o día do libro galego, en galego e para Galicia e todas aquelas persoas que lles gusta ler, aprender e que aínda lles gusta celebrar un día coma este. Dende o departamento de Normalización e Dinamización Lingüistica e coa mentorización e […]

La entrada letras galegas 2023 se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>

CELEBREMOS AS LETRAS GALEGAS

Como cada ano por estas datas, celebramos as Letras Galegas, o día do libro galego, en galego e para Galicia e todas aquelas persoas que lles gusta ler, aprender e que aínda lles gusta celebrar un día coma este.

Dende o departamento de Normalización e Dinamización Lingüistica e coa mentorización e dirección do profesorado de Formación Profesional Básica, o alumnado fixo este incríble traballo que nos fai mostrarnos fachendosos das ideas e capacidade creativa que temos no colexio.

Disfrutádeo tanto coma nós!

La entrada letras galegas 2023 se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
https://colexiomendino.com/letras-galegas-2023/feed/ 0
Hai que celebrar https://colexiomendino.com/hai-que-celebrar/ https://colexiomendino.com/hai-que-celebrar/#respond Wed, 19 Apr 2023 11:36:54 +0000 https://colexiomendino.com/?p=1669 HAI QUE CELEBRAR Este ano, 2023, cúmprense 40 anos do nacemento do Colexio Mendiño a través da fundación dunha cooperativa. Este fito, chegar á madurez para un centro de ensino concertado, con vontade de ensino de calidade, e en galego, paga a pena ser celebrado, e por iso queremos celebralo con todas e todos. Gustaríanos […]

La entrada Hai que celebrar se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>

HAI QUE CELEBRAR

Este ano, 2023, cúmprense 40 anos do nacemento do Colexio Mendiño a través da fundación dunha cooperativa. Este fito, chegar á madurez para un centro de ensino concertado, con vontade de ensino de calidade, e en galego, paga a pena ser celebrado, e por iso queremos celebralo con todas e todos.

Gustaríanos saber canta xente vai vir, e necesitamos a vosa colaboración para distribuir o formulario pola xente que viu ao colexio coa que aínda tedes contacto, e poder facer unha previsión.

A convocatoria final lanzarémola máis adiante, pero a celebración será o vindeiro sábado 20 de maio, en horario de tarde/noite, nalgún lugar do casco vello.

Aquí tedes o formulario para encher.

Grazas e vémonos nun mes!

La entrada Hai que celebrar se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
https://colexiomendino.com/hai-que-celebrar/feed/ 0
Creatividade Publicitaria https://colexiomendino.com/creatividade-publicitaria/ https://colexiomendino.com/creatividade-publicitaria/#respond Wed, 25 May 2022 10:00:00 +0000 https://colexiomendino.com/?p=1583 CONCURSOS E CONSELLOS DE CREATIVIDADE PUBLICITARIA Este mes tivemos a sorte de recibir unha charla para 1º de Actividades Comerciais dentro da materia de Marketing na Actividade Comercial, da mán dunha das grandes mentes creativas da nosa comunidade, Daniel Rodríguez, Executive Creative Director da compañía DDB International. Daniel contounos a súa traxectoria ata chegar onde […]

La entrada Creatividade Publicitaria se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
CONCURSOS E CONSELLOS DE CREATIVIDADE PUBLICITARIA

Este mes tivemos a sorte de recibir unha charla para 1º de Actividades Comerciais dentro da materia de Marketing na Actividade Comercial, da mán dunha das grandes mentes creativas da nosa comunidade, Daniel Rodríguez, Executive Creative Director da compañía DDB International.

Daniel contounos a súa traxectoria ata chegar onde está, tamén como foi o camiño que recorreu, como foron os comezos e que diferenzas atopa co alumnado que chega para facer periodos de becas agora fronte ao que viviu el.

Doutra banda deu alguns consellos ao noso alumnado se teñen pensado adicarse ao mundo da creatividade, coma a necesidade de contar a través das emocións, de atopar unha forma de chegar ao público dándolle un punto de pensamento lateral, e ter ideas distintas, válidas e útis.

Ogalla poidamos repetir nos próximos cursos!

(Deixamos aquí unha mostra de campañas dirixidas por Daniel.)

La entrada Creatividade Publicitaria se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
https://colexiomendino.com/creatividade-publicitaria/feed/ 0
LETRAS GALEGAS 2022 https://colexiomendino.com/letras-galegas-2022/ https://colexiomendino.com/letras-galegas-2022/#respond Tue, 17 May 2022 09:00:00 +0000 https://colexiomendino.com/?p=1522 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 Hoxe, como centro de ensino galego, queremos conmemorar o Día das Letras Galegas, convidarvos á celebración lendo un texto na nosa lingua que é símbolo da nosa cultura e que hoxe mais que onte necesita de nós para manterse viva. Dende o Colexio Mendiño, na liña de creación, creatividade e […]

La entrada LETRAS GALEGAS 2022 se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Hoxe, como centro de ensino galego, queremos conmemorar o Día das Letras Galegas, convidarvos á celebración lendo un texto na nosa lingua que é símbolo da nosa cultura e que hoxe mais que onte necesita de nós para manterse viva.

Dende o Colexio Mendiño, na liña de creación, creatividade e desenvolvemento de ferramentas dixitais, convidamos ao noso alumnado a facer unha interpretación do cartaz das Letras Galegas, e aquí tedes os tres que gañaron e que nos fan sentirnos fachendosas e fachendosos de poder seguir celebrando este día.

1º Gañador
2º Gañador
3º Gañador

Viva o Día das Letras Galegas! E ogallá puidéramos disfrutalo co alumnado lendo e ensinando nesta, a nosa lingua.

La entrada LETRAS GALEGAS 2022 se publicó primero en Colexio Mendiño.

]]>
https://colexiomendino.com/letras-galegas-2022/feed/ 0