1280x860

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Pellentesque massa ipsum, efficitur a fermen tum sed, suscipit sit amet arcu. Ut ut finibus tortor, eu ultrices turpis. Mauris vitae elit nec diam elementum elementum.

Técnico Actividades Comerciais

CM Actividades Comerciais

Que título se obtén? Técnica/o en Actividades Comerciais.

Que se aprende a facer? Desenvolver actividades de distribución e comercialización de bens e/ou servizos, xestionar un
pequeno establecemento comercial aplicando as normas de calidade e seguridade establecidas e respectando a lexislación.

En que ámbitos se traballa? En calquera sector produtivo dentro da área de comercialización ou nas seccións de establecementos comerciais, realizando actividades de venda de produtos e/ou servizos a través de diversas canles de comercialización, ou ben realizando funcións de organización e xestión do seu propio comercio. Trátase de traballadoras e traballadores por conta propia que xestionan un pequeno comercio ou unha tenda tradicional, ou por conta allea que exercen a súa actividade nos departamentos ou nas seccións de comercialización de calquera empresa ou organización, en diversos subsectores: en establecementos comerciais pequenos, medianos ou grandes, traballando por conta allea en diferentes seccións comerciais; na comercialización de produtos e servizos por conta propia e allea, fóra do establecemento comercial; no departamento comercial de pequenas e medianas empresas (PME) e empresas industriais; no departamento de atención á clientela e ás persoas consumidoras e usuarias de organismos públicos; en empresas industriais e comerciais grandes e medianas; no sector do comercio polo miúdo.

Que ocupacións se desempeñan? Vendedor/ora; vendedor/ora técnico/a; representante comercial; orientador/ora comercial; promotor/ora; televendedor/ora; vendedor/ora a distancia; teleoperador/ora (en call centers); axente de información e atención á clientela; caixeira/o ou repoñedor/ora; operador/ora de contact centers; administrador/ora de contidos en liña; comerciante de tenda; xerente de pequeno comercio; técnica/o de xestión de existencias e almacén; xefa/e de almacén; responsable de recepción de mercadorías; responsable de expedición de mercadorías; técnica/o en loxística de almacéns e técnica/o de información e atención á clientela en empresas.

  • 1º curso: 960 horas de clase
  • 2º curso: 630 horas de clase
  • Prácticas: 410 horas
85%
do noso alumnado aproba o ciclo de comercio.
460
horas de distintas actividades en equipo.
320
exercicios de expresión e comprensión en inglés.
410
horas de formación en centros de traballo.

Módulos profesionais do ciclo

CÓDIGO

MÓDULOS 1º CURSO

HORAS

MP1233 Aplicacións informáticas para o comercio 133
MP1231 Dinamización do punto de venda 160
MP1236 Formación e orientación laboral 107
MP0156 Inglés 160
MP1226 Marketing na actividade comercial 160
MP1232 Procesos de venda 160
MP1229 Xestión de compras 80

CÓDIGO

MÓDULOS 2º CURSO

HORAS

MP1235 Comercio electrónico 123
MP1234 Servizos de atención comercial 87
MP1228 Técnicas de almacén 123
MP1230 Venda técnica 123
MP1227 Xestión dun pequeno comercio 174
MP1237 Formación en Centros de Traballo  410
A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies para garantir que che ofrecemos a mellor experiencia como usuaria/o da nosa web. Se continúas, entendemos que dás o teu consentimento para recibir todas as cookies en todas as páxinas web do Colexio Mendiño. Quero saber máis

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar