A próxima fin de semana segunda de novembro vaise celebrar no Auditorio Mar de Vigo un encontro educativo moi interesante que ten que ver coa educación en igualdade a través de experiencias de prevención da violencia de xénero entre outras, e os novos modelos de relacións baseados na igualdade. Chámase ‘Co-Educa’.
Dende o Colexio Mendiño temos a sorte de presentar unha das experiencias desenvoltas polo centro. Será o día 7 de novembro, cando unha das nosas docentes contará as experiencias que fixemos co traballo en igualdade.
Convidámosvos a que viñades todas e todos!