METODOLOXÍA DE ENSINO

A nosa metodoloxía de ensino educativo é un proxecto vivo, en continuo cambio e mellora, xa que cremos que é a mellor forma de adaptarnos ao noso alumnado. Buscamos a excelencia e cremos nos nosos resultados, como avalan os postos de traballo que ocupan as nosas alumnas e alumnos tras máis de 30 anos formando profesionais.

As nosas liñas de traballo

Un ensino moi práctico, comprensivo, accesible e integrador que permita o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado, a través dun seguimento individualizado do proceso coas nosas alumnas/os e as súas familias.

Un compromiso coa participación no proceso de ensino-aprendizaxe, fomentando o traballo colaborativo, potenciando e desenvolvendo as capacidades básicas, e facilitando a auto aprendizaxe en todos os ámbitos.

A realización de actividades formativas culturais, integradoras, de lecer e tempo libre, que permitan potenciar valores de respecto cara ao medio ambiente e convivencia cos demais membros da Comunidade Educativa.

Os nosos principios educativos

Participación, tolerancia, respecto e o uso do galego como ferramenta vehicular. O noso obxectivo é formar ao noso alumnado para que sexan profesionais preparados, con proxección de futuro, competentes e con capacidade de adaptación, pero tamén lles axudamos no seu desenvolvemento como persoas.

Adaptación ao cambio e tecnoloxía aplicada á vida. Cremos que é imprescindible ofertar unha formación o máis actualizada posible, que reflicta os cambios que o mundo laboral experimenta e que tome como base as novas tecnoloxías, mantendo sempre un trato individualizado coas nosas alumnas/os e as súas familias.

Resultados profesionais. Mantemos unha estreita colaboración coas empresas nas que o noso alumnado realiza as prácticas, xa que permite que aprendan nunha contorna laboral real e facilítanos o contacto continuo e directo co sector produtivo. Son as empresas as que avalan o noso traballo como centro de formación.