Instalacions

INSTALACIÓNS

Para a formación sanitaria contamos cun pequeno hospital con todos os elementos cos que se pode atopar o alumado na súa futura vida laboral, desde unha butaca de dentista co seu correspondente material, ata unha cama articulada, un autoclave para desinfección, etc. 

Así mesmo, contamos con varias aulas equipadas con computadores para o ensino-aprendizaxe de distintos programas informáticos e softwares imprescindibles para o desenvolvemento de perfís profesionais das familias administrativa e comercial. Este equipamento foi financiado en parte polo Programa Bono Consolida Economía Social en colaboración coa Xunta de Galicia.

Por último, contamos tamén cunha biblioteca a disposición do noso alumnado, materiais para prácticas comerciais, proxectores en todas as aulas, entre outros.