Departamento de Orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

No Colexio Mendiño concibimos o Departamento de Orientación como un espazo de encontro, reflexión e apoio ao servizo do profesorado, das nais e pais, das alumnas/os, destinado a fomentar o desenvolvemento integral do noso alumnado, para así acadar profesionais cualificados que poidan incorporarse ao mundo laboral ou continuar cos seus estudos.

ITINERARIOS FORMATIVOS

Que podo facer cando remate a FPB ou o ciclo que estou a facer no Colexio Mendiño? Se aínda tes dúbidas ou non sabes que poderás facer despois do teu paso polo Colexio Mendiño, consulta as opcións que che damos nos itinerarios formativos para traballar ou continuar cos estudos.

TEST DE ORIENTACIÓN

Se non sabes cara a onde dirixir o teu futuro académico, aquí tes algúns tests que che poden servir de guía. Lembra que un test de orientación vocacional non deixa de ser un cuestionario sobre habilidades e intereses que che poden orientar na toma de decisións pero nunca deixar recaer todo o peso da túa decisión sobre o mesmo.

BOLSAS DE ESTUDO

Podes consultar aquí toda a información ao respecto das bolsas de axuda existentes para o alumnado matriculado nos niveis post obrigatorios, e tamén para aqueles que teñan necesidades específicas de apoio educativo. Se aínda tes dúbidas, sempre poderás contactar con nós.