O centro

A NOSA HISTORIA

O Colexio Mendiño nace como un proxecto cooperativo da xuntanza de sete profesionais da educación no ano 1983. O modelo educativo elixido por eles foi o de empresa autoxestionada onde todos tiveran decisión e voto, así coma a educación en galego, a educación integral das persoas, os principios de equidade, a aprendizaxe holística e o espírito crítico.

O colexio está situado na Rúa Pi i Margall 139; o local é pequeno e así o escollemos, para que o contacto co alumnado sexa o eixo fundamental dunha aprendizaxe permanente e para poder sacar o mellor de cada un.

Chámase Mendiño porque quixemos honrar a aquel trobador do século XIII que cantando dende a Illa de San Simón fixo famosa a Ría de Vigo polo mundo.

Moito alumnado pasou polas nosas aulas ao longo de todos estes anos, e sabemos que lembran o colexio como os mellores anos da súa vida estudantil, tanto pola experiencia de crecemento persoal, como pola capacitación do mundo profesional.

E iso é o que nos fai ver que realmente o noso obxectivo queda cumprido. Así o empezamos e así seguimos queréndoo facer; nun ambiente propicio, formar persoas íntegras e capacitadas para enfrontar os desafíos do século XXI que non son poucos.

Benvidos.