1280x860

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Pellentesque massa ipsum, efficitur a fermen tum sed, suscipit sit amet arcu. Ut ut finibus tortor, eu ultrices turpis. Mauris vitae elit nec diam elementum elementum.

Presentámosche a nova web do Mendiño

Dentro do centro

O mundo está a mudar. Movémonos en escenarios dominados pola innovación masiva e acelerada, nun contexto de crecente competencia entre persoas.

Como institución educativa, a nosa misión pasa por avanzar ao mesmo tempo que o fai o mundo, e somos conscientes de que cada vez se precisan estruturas máis eficaces e profesionais, cunha capacidade de adaptación maior a eses cambios.

Neste senso, o alumnado é a base deste mecanismo cambiante, e a súa capacidade de adaptación é unha das competencias que debemos afrontar e fomentar desde a formación profesional, xa que agora mesmo é case imprescindible para calquera empresa e tipo de traballo. Entendemos que o mellor xeito de facelo é promovendo as ganas de aprender e motivando cara á sabedoría, xa que aprendemos que existe unha relación directa entre a capacidade de adaptación dunha persoa e a súa capacidade de incorporar novos coñecementos. Está claro que este proceso non vai só. Débese xestionar e acompañar durante todo o proceso ao noso alumnado, así como ofrecerlle o apoio necesario e servirlle de exemplo nesa continua aprendizaxe. 

Este exemplo é o que queremos dar cando tratamos de adaptar as nosas estruturas e actividades a estes cambios, facéndolles partícipes e integrando as súas capacidades, competencias e aptitudes entre os nosos obxectivos.

O resultado que buscamos comeza a ser unha realidade grazas a cambios que introducimos ao longo deste curso, como unha nova imaxe corporativa, a nosa presenza en redes sociais, unha elaborada identidade dixital ou un novo xornal. Con esta nova web buscamos chegar a xeracións máis novas, nacidas xa nunha contorna dixital, cun amplo dominio das redes sociais e ás contornas dixitais de participación nacidos por mor da web 2.0. Queremos servir de exemplo ao noso alumnado asumindo novos retos na contorna dixital para poder esixirlles a eles os mesmo como parte da súa aprendizaxe e o seu crecemento persoal e profesional.

Aos poucos queremos desenvolver perfís profesionais que entendan que cambio non é sinónimo de inestabilidade, senón de proceso, de crecemento e de reto.

A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies para garantir que che ofrecemos a mellor experiencia como usuaria/o da nosa web. Se continúas, entendemos que dás o teu consentimento para recibir todas as cookies en todas as páxinas web do Colexio Mendiño. Quero saber máis

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar