O colexio Mendiño forma parte da iniciativa de unión de cooperativas galegas Espazo Coop que ten como obxectivo a defensa dos intereses socioeconómicos das cooperativas asociadas, xunto coa promoción de todo canto contribúa a fomentar o prestixio da mesma, a unificación de políticas e de criterios, a harmonía e o espírito societario e a mellora do nivel profesional e humano.
Podedes consultar toda a información na súa páxina web, aquí, e desde a cooperativa do colexio tamén estaremos encantados de contarvos en que consiste.