SOLICITUDE DE PRAZA

En setembro.

Unha única solicitude.

Deberá vir identificada/o co seu DNI.

Documentación a achegar xunto coa solicitude:

  1. DNI da persoa solicitante ou dos proxenitores no caso de ser menor de idade.
  2. Consentimento de incorporación á Formación Profesional Básica.
  3. Comunicación de incorporación á Formación Profesional Básica.
  4. Certificación académica orixinal.
  5. No caso de ter unha discapacidade concedida, certificado de grao de discapacidade e informe psicopedagóxico do anterior centro.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Unha vez que que teñas concedida a praza debes formalizar a matrícula nos prazos establecidos.

Para efectuar a matrícula debes obter o impreso de matrícula dispoñible aquí e traelo cuberto ao centro.

Xunto co impreso de matrícula debes achegar:

  • Unha foto tamaño carné.
  • A copia da solicitude no caso de que se presentara noutro centro.