FPB Servizos Administrativos

FPB SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

Que título se obtén? Profesional básico en Servizos Administrativos.

Que se aprende a facer? Realizar tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa? En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.

Que ocupacións se desempeñan? Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia; gravador/ora-verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio e operador/ora de cobramento ou caixeiro/a.

80%

do noso alumnado aproba a Formación Básica.

250

pulsacións por minuto ao rematar.

65%

continúa estudando cando remata a FPB.

320

horas de formación en centros de traballo.

Módulos Profesionais do Ciclo

CÓDIGOMÓDULOS 1º CURSOHORAS
MP3004Arquivamento e comunicación146
MP3009Ciencias aplicadas I175
MP3011Comunicación e sociedade I206
MP3003Técnicas administrativas básicas179
MP3001Tratamento informático de datos204
CÓDIGOMÓDULOS 2º CURSOHORAS
MP3002Aplicacións básicas de ofimática240
MP3005Atención á clientela58
MP3010Ciencias aplicadas II162
MP3012Comunicación e sociedade II135
MP3008Preparación pedidos e venda produtos113
MP3006Formación en Centros de Traballo320