Hoxe é un día importante para a nosa mocidade, levan días traballando no colexio para hoxe saír a rúa para darlle un tirón de orellas aos seus maiores polo estado do Planeta que lle estamos transmitindo, aos seus políticos pola falta de medidas medioambientais que encaren de fronte o cambio climático.
Saen a rúa para concienciar a toda a sociedade para Reducir o noso consumo irresponsable. Reutilizar as cousas que compramos antes de botalas ao lixo para compralas novas que alimenten este crecemento económico e infinito que nos queren impoñer. Tamén saen pola Reciclaxe de todo aquilo que xa non ten uso.
Parece mentira que teñan que ser eles os que nos abran os ollos para explicarnos a lección máis dura: “que o noso Planeta non ten futuro de seguir así”.
Todo o noso apoio ós novos e ás novas dende o Colexio Mendiño.