FCT

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

O desenvolvemento do módulo da FCT permite poñer en contacto dous axentes, o docente e o empresarial, o que posibilita o intercambio de información entre o sector educativo e o sector produtivo, cumprindo co programa e facendo o sistema formativo flexible e dinámico.

A formación en centros de traballo desenvólvese procurando aplicar as competencias profesionais adquiridas no centro educativo, completándoas con aquelas previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo. Posibilitará, así mesmo, avaliar os aspectos máis relevantes da competencia profesional do alumnado, razón pola que, con carácter xeral, constitúe a última fase de formación do alumnado.

Todos os anos algunha das empresas colaboradoras da FCT de cada ciclo contrata ao alumnado que mellor fixo as prácticas.