1280x860

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Pellentesque massa ipsum, efficitur a fermen tum sed, suscipit sit amet arcu. Ut ut finibus tortor, eu ultrices turpis. Mauris vitae elit nec diam elementum elementum.

EXPERTOS NO MARKETING DA VIDA REAL

Dentro do centro

Para empezar o mes de abril o alumnado de 1º de Actividades Comerciais tivo dúas charlas moi interesantes sobre distintos aspectos do mundo do marketing de xeito real.

A primeira das dúas, unha charla que deu o responsable de marketing da empresa Smartclip, foi sobre o marketing dixital, como se fan propostas para poder ter un beneficio dunha aplicación ou páxina web e cal é a metodoloxía de traballo coas empresas (as marcas, os seus clientes) para propoñer ideas válidas para chegar ao seu target a través da publicidade dixital.

A segunda das charlas dun responsable de marca da empresa francesa L’Oreal foi sobre a importancia que ten o análise do target e a catalogación dos produtos en liñas en función das necesidades do público para unha empresa como ela: o tipo de traballo que se fai, o análise das marcas, o concepto de beleza para cada unha delas, etc.

Ambas dúas charlas foron moi útiles para o alumnado dentro da materia de Marketing na actividade comercial pola temática, o uso de termos cos que teñen que familiarizarse, a comprensión da metodoloxía de traballo e a importancia da creatividade pero tamén dos datos, dos números e do cálculo. A charla foi importante tamén de cara a materia de Comercio Electrónico que atoparán no curso próximo.

A %d blogueros les gusta esto:

Utilizamos cookies para garantir que che ofrecemos a mellor experiencia como usuaria/o da nosa web. Se continúas, entendemos que dás o teu consentimento para recibir todas as cookies en todas as páxinas web do Colexio Mendiño. Quero saber máis

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar