Aproveitando a fin de curso, como cada ano, o colexio organizou unha saída co alumnado para estreitar lazos e establecer relacións cara ao futuro para todas as nosas alumnas e alumnos, de forma que poidan coñecer a máis xente dunha maneira máis lúdica e divertirse nunha contorna natural, saíndo das responsabilidades que levan os estudos e compartindo un día diferente co profesorado.
Este ano a decisión foi ir a Cíes onde tivemos un día gris e diferente ao que adoita ser, dadas as condicións meteorolóxicas da primeira quincena de xullo en Vigo, o que propiciou unha excursión de montaña máis propia do outono que do verán.
Foi un día para gozar e compartir, e para dicir adeus a un curso máis abrindo a porta ao verán, para rematar e para volver empezar, para coñecer, explorar, intercambiar e renovar as ilusións de fronte ao curso próximo.