Como cada ano, chega setembro e xa estamos preparando o colexio para a chegada do novo curso con traballo e ilusión.
Informámosvos de que a apertura do curso se fará para todo o alumnado, o que inclúe tanto ao alumnado dos graos medios como ao alumnado de básica, o próximo luns 16 de setembro ás 11 da mañá.
Esperámosvos impacientes por empezar un novo curso cheo de ganas, ilusión, novidades e actividades coas que aprender todas e todos.