Como cada ano, o Colexio Mendiño celebrou o entroido o día anterior ás datas libres para o alumnado, e este ano foi unha gran festa: cada clase, incluíndo ao profesorado, foron disfrazados dunha época (na imaxe podemos ver aos humanoides do futuro). Cada clase fixo tamén unhas coplas que tivo que cantar fronte ao resto do colexio. Rematamos o día cun concurso de doces tradicionais e cos habituais premios que cada ano repártense pola orixinalidade, o equipo feito para o acordo cos disfraces, a letra das coplas e a actuación.
Xa estamos desexando que sexa o entroido do ano próximo!
Grazas a todo o alumnado que participou.