AFAMO é unha asociación de familiares de enfermas/os de Alzhéimer que ten a súa sede en Moaña e coa que o Colexio Mendiño leva colaborando dende hai uns anos xa.
Como cada ano o alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría fai unha visita que ten unha duración aproximada de dúas horas, na que ven as instalacións, coñecen aos pacientes e os niveis de dependencia (inicial, medio e avanzado).
É un dos centros onde o alumnado ten a posibilidade de facer prácticas e, ademáis, coma a visita é unha das primeiras que se fan para coñecer o traballo de campo desde a súa realidade, soe ser unha das visitas con máis éxito.
Este ano as visitas se fixeron nas datas 26 de novembro e 3 de decembro.