Dentro do Plan Director para a conciencia e a mellora da Seguridade nos centro educativos e na súa contorna, imos ter dúas charlas no mes de maio para o alumnado de Formación Profesional Básica.
Onte tivemos a primeira, unha charla sobre cyberseguridade onde, a través de casos reais e exemplos da vida de hoxe e de experiencias que poderían ocorrer ao nos alumnado, a policía nacional foi facendo un percorrido polos distintos perigos que podemos atopar na rede cando navegamos.
A charla durou unha hora e media e foi moi interesante porque ensinou ao alumnado o que é ter unha adicción, aínda que eles non pensan neso a maioría das veces, tamén dos riscos das cadeas coma o caso Momo e a súa incidencia tanto nos móbiles como na vida real, chegando a ocorrer mortes a causa dela e das mutacións que sufrira co paso do tempo.
Grooming, sexting y lamping pasaron a ser palabras que o noso alumnado coñece, así como os perigos que atopan.
A segunda vai ser ao fin de mes e esperamos que sexa igual de interesante.