A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) convidou a celebrar o Día de Rosalía de Castro realizando unha Mani-FESTA-acción simbólica arredor de versos escollidos de Rosalía asociados a unha inxustiza social, elaborados pola escritora Ana Romaní.
Inxustiza | Versos de Rosalía de Castro |
o espolio | dunha perenne miseria, |
as violacións | a roupa de cote puñéronma en tiras, |
a inxustiza social | sin abrigo tembra, |
os desafiuzamentos | embargaránnos todo, |
o abuso laboral | que se amargo pan vos ganan/ dádesllo envolto en veneno |
os éxodos | en errantes hordas. |
Con este manifesto nós, dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, propuxemos elaborar carteis dixitais que ao longo da semana estarían expostos polas paredes do colexio para votar polo mellor o venres 22, o día da celebración no noso centro.
Podedes ver os carteis que presentáronse na orde na que gañaron: