Xa estamos de volta!
Chega setembro e aquí encontrámonos todo o equipo do colexio, disposto a programar un novo ano cheo de actividades, melloras, proxectos, saídas e moito aprendizaxe para o novo alumnado e tamén para os que están outra vez con nós a punto de rematar xa en uns meses.
Esperamos que o verán fose ben, descansarades e aproveitarades para saír e recargar enerxías de cara ao novo curso. Estaremos encantados de darvos a benvida o próximo día 17 de setembro, as 11 da mañá que será a presentación do novo curso 2018/2019. As clases empezarán o mércores 19 oficialmente.
Ata entón só queremos recordarvos que as matriculacións de FP Básica empezan hoxe e rematan o día 11 de setembro que é a presentación de solicitudes.
Bo remate de vacacións e esperámosvos o día 17!