O día 17 de maio celébrase en Galicia o día das letras galegas. Este é un día para celebrar a nosa lingua, sentirnos fachendosos de aprendela e falala, con toda a riqueza que iso proporciona de cara ao noso presente e o noso futuro.
Cada ano este día celebramos una personalidade das letras galegas que ben fixo da lingua a súa loita, ben chegou a nós a través das palabras en galego. A persoa que celebramos este ano foi Antón Fraguas, escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo, moi ligado á cultura galega pola súa obra e a súa vida.
Dende o colexio quixemos rendirlle unha homenaxe facendo actividades relacionadas con el que representamos diante do alumnado, entre todas e todos, en forma de telexornal. Para a repartición de contidos a tratar nas aulas utilizamos o material que se nos enviou dende Normalización Lingüística, tanto os carteis como a guía didáctica. Estes son os puntos que tratamos:
- Antón Fraguas Fraguas 1905-1999
- As Irmandades da Fala e Partido Galeguista
- O Seminario de Estudos Galegos e o mestre
- O historiador, o xeógrafo e o etnógrafo
- O bibliógrafo e director do Museo do Pobo Galego
De cada punto, entre todo o alumnado de cada unha das clases, elaborouse un artigo para a nosa revista, Enr2, edición especial que sairá ao fin do curso e que xa vos presentaremos.
O alumnado de 1º de FP Básica fixo un cartel que podedes atopar tamén neste post.