ADMISIÓN A BÁSICA
SOLICITUDE DE PRAZA
Unha única solicitude.
Deberá vir identificada/o co seu DNI.
Documentación a achegar xunto coa solicitude:
- DNI da persoa solicitante ou dos proxenitores no caso de ser menor de idade.
- Consentimento de incorporación á Formación Profesional Básica.
- Comunicación de incorporación á Formación Profesional Básica.
- Certificación académica orixinal.
- No caso de ter unha discapacidade concedida, certificado de grao de discapacidade e informe psicopedagóxico do anterior centro.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Unha vez que que teñas concedida a praza debes formalizar a matrícula nos prazos establecidos.
Para efectuar a matrícula debes obter o impreso de matrícula dispoñible aquí e traelo cuberto ao centro.
Xunto co impreso de matrícula debes achegar:
- Unha foto tamaño carné recente.
- A copia da solicitude no caso de que se presentara noutro centro.
