O Colexio Mendiño foi seleccionado para a participación no programa “Implantación de ferramentas de medios de pagamento en formación profesional”, enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade financeira ABANCA Corporación Bancaria S.A., para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor da expansión do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende.
No caso do noso centro, o programa establece que, alén doutras actividades, impartiríase unha actividade de formación para o alumnado designado polo centro que neste caso foi o alumnado de 2º de Actividades Comerciais e dentro da materia de comercio electrónico, para ter información de primeira man dos medios de pagamento de onte, hoxe e do futuroco obxectivo de enfrontarse aos retos dos comercios unha vez fóra do ensino.
A charla foi moi interesante e produtiva, prolongouse durante dúas horas nas que, a través dunha actividade práctica, novas de televisión e Internet, e con axuda dalgúns dispositivos antigos e outros máis modernos, o responsable do taller ensinounos sobre os medios de pago, a seguridade, a rede, as peticións dos clientes e dos pequenos comercios, a tipoloxía de medios de pago e das obxeccións, especialmente locais, coas que traballan cada día nunha entidade bancaria. Foi unha charla amena na que aínda agasalláronnos cun pen con información e varios vídeos para velos despois na aula ou na casa.