Como xa avanzáramos hai uns días, dentro do Plan Director para a conciencia e a mellora da Seguridade nos centro educativos e na súa contorna, íamos ter dúas charlas no mes de maio para o alumnado de Formación Profesional Básica.
Onte tivemos a segunda, unha charla sobre os perigos do consumo de drogas e alcohol, e outra vez atopamos que os casos reais e os exemplos da vida que temos cerca, son a mellor forma de concienciar ao noso alumnado.
A charla durou algo máis dunha hora e foi moi interesante porque ensinou ao alumnado o que é ter adiccións hoxe e como poder repercutir en nós o día de mañá.
Queremos agradecer á persoa que deu as charlas pola paciencia e vocación de ensino que mostrou co alumnado. Esperamos poder repetir o ano próximo polo interesante da proposta.